Lingua de sinais catalá
A lingua de sinais catalá (en catalán: Llengua de signes catalana; LSC) é unha lingua de sinais empregada en Cataluña. No 2012, a Federación de persoas Xordas de Cataluña estimou en 25 000 os usuarios desta lingua, das cales 12 000 eran persoas xordas de Cataluña.[1] Ten un 50% de intelixibilidade coa lingua de sinais española (LSE). Segundo as bases de intelixibilidade, léxico e actitudes sociais, os lingüistas concordan en que son linguas distintas.[2]
Lingua de sinais colombiana Llengua de signes catalana | ||
---|---|---|
Utilizado en: | ![]() | |
Total de usuarios: | 25 000 (estimado) | |
Familia: | Posiblemente Lingua de sinais francesa | |
Regulado por: | Institut d'Estudis Catalans | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: |
| |
ISO 639-3: | csc
| |
Mapa | ||
Status | ||
Dende 1994, a lingua de sinais catalá ten status oficial, de acordo coa lei de promoción da lingua promulgada pola Generalitat de Cataluña. Cataluña foi a primeira Comunidade Autónoma española en aprobar unha de lingua de sinais.
Notas
editar- ↑ Barbera, Gemma. "The meaning of space in Catalan Sign Language (LSC)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2018. Consultado o 08 de xuño de 2016.
- ↑ Quer, Josep. "Legal Pathways to the Recognition of Sign Languages: A Comparison of the Catalan and Spanish Sign Language Acts". Sign Language Studies. pp. 565–582. doi:10.1353/sls.2012.0012.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua de sinais catalá |