Lily Allen
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2018.) |
Lily Rose Beatrice Cooper, coñecida como Lilly Allen, nada en Londres o 2 de maio de 1985, é unha cantante británica de pop e synthpop, entre outros xéneros.
É filla do actor e comediante galés Keith Allen e da produtora de cine Allison Owen, ademais de irmá do actor Alfie Allen. En 2006 lanzou á venda o seu disco debut Alright, Still. O 10 de febreiro de 2009 lanzou o seu segundo álbum titulado It's Not Me, It's You. O 2 de maio de 2014 lanzou o seu terceiro álbum, o primeiro despois da súa retirada en 2009 titulado Sheezus, o cal se converteu no segundo álbum en alcanzar a primeira posición no UK Singles Charts de maneira consecutiva. Tamén foi presentadora do seu propio programa de televisión Lily Allen and Friends, da cadea BBC Three.
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarLily Allen naceu en Hammersmith, o 2 de maio de 1985 ao oeste de Londres. É filla do comediante galés Keith Allen e da produtora de cine Allison Owen. Ten unha irmá máis vella, Sarah (1984), e un irmán máis novo, o actor Alfie Owen-Allen (1986). Tamén ten catro medio irmáns por parte do pai.
En 1998, apareceu no episodio "The Yob" que pertence ao programa The Comic Strip Presents, coescrito polo pai. Cando tiña 4 anos, o pai abandonou a familia. Creceu coa nai en distintos lugares con nenos da mesma idade. Asistiu a 13 escolas distintas e foi expulsada da maioría por fumar e beber. Allen díxolle a Loveline que aos 11 anos estaba cantando unha canción de Oasis, "Wonderwall", no patio do colexio cando unha profesora a escoitou e lle dixo que tiña talento e lle propuxo facer algo con ela. Lily tomou leccións de canto coa mestra e cantou nunha obra escolar. Alegou que a audiencia se alegrara ante a visión dunha nena con problemas facendo algo bo. Nese momento ela chegou á conclusión de que a música era algo que necesitaba facer, xa sexa coma unha vocación para toda a vida ou para o que fose. Converteuse nun membro do Groucho Club cando tiña 17 anos e no seu tempo libre, escoitaba artistas como The Specials, T. Rex, e Happy Mondays e tamén lía.
Allen fixo unha aparición na película de 1998 Elizabeth, producida pola súa nai. Deixou a escola aos 15 anos porque non quería "pasar un terzo da súa vida traballando para preparar o outro terzo". Despois de que a familia marchase a Ibiza, ela permaneceu en Sant Antoni de Portmany. Tamén permaneceu un tempo en Islington.
Publicidade e lanzamentos
editarDespois do lanzamento do seu primeiro material, grazas á enorme publicidade, decidiu que "Smile" sería o primeiro sinxelo oficial para o seu álbum debut, que se titulou Alright, Still. Tal canción foi mandada á radio en maio de 2006 e foi inmediatamente programada en radios de todo o Reino Unido. Ademais, en maio, adicáronlle unha portada de Observer Music Monthly, e ofreceu entrevistas a medios como The Guardian e NME. Escribe periodicamente no blog de MySpace, contando anécdotas da súa vida tanto profesional coma persoal. O sinxelo "Smile" lanzouse á venda o 3 de xullo de 2006, con dúas cancións, que non se encontraban no álbum, como caras B. O primeiro álbum (Alright, Still) apareceu o 17 de xullo de 2006. Desgraciadamente, debido a que se adiantou o lanzamento do disco, a súa canción "Nan, you're a window shopper", unha parodia de "Window Shopper" de 50 Cent, non foi incluída xa que non se puido producir a tempo o material.
En 2006 cantou en dúas cancións para o disco Rudebox de Robbie Williams. As cancións que cantou tituláronse "Keep on" e "Bongo bong and je ne t'aime plus". A canción "Smile" incluíuse na banda sonora de The Sims 2: The Four Seasons.
No xullo de 2008 o segundo traballo de Lily xa estaba producido. Comentouse tamén que podía conter unha canción extra chamada "Wherever You Go" na que supostamente participaría Lindsay Lohan. O novo disco de Lily Allen chamouse It's Not Me, It's You, aínda que anteriormente anunciara o posible nome de Stuck on the Naughty Step. Dese disco promocionáronse os sinxelos "The Fear", "Not Fair", "22", "Fuck You" (que ademais foi elixido como tema dunha campaña antihomofóbica) e "Who'd Have Known". Aínda que en 2010 lanzouse "Back To The Start" como sinxleo promocional, tendo así 6 sinxelos o segundo álbum de Lily Allen.
Tamén nun episodio da serie Glee, Lea Michele e Cory Monteith cantaron a canción "Smile" de Lily Allen.
Lily Allen anunciou en 2009 que ía tomar un descanso no mundo da música e estivo centrándose noutros proxectos, como abrir unha tenda de moda chamada Lucy in Disguise xunto á súa irmá.
En xuño de 2012 anunciou que estaba no estudio traballando para o seu novo álbum. O 17 de novembrO de 2013 estreou "Hard Out Here", o primeiro sinxelo do seu disco, alcanzando este o número 9 nas listas do Reino Unido.
O 2 de maio de 2014 Lily Allen estreou un novo disco chamado Sheezus. Primeiramente lanzou unha versión de Keane chamada "Somewhere Only We Know" para a publicidade de John Lewis Christmas e o cal alcanzou o número 1 no Reino Unido. Deste disco lanzáronse cinco sinxelos: "Hard Out Here", "Air Balloon", "Our Time", "URL Badman" e "As Long As I Got You".
En 2017 Allen mencionou no podcast de News Roast que estaba traballando nun novo disco, que trataría principalmente sobre ela, a relación cos seus fillos, a ruptura do seu matrimonio, o abuso de drogas etc. Allen estivo traballando con Mark Ronson e esperaba sacar o cuarto disco ese ano. Rumoreábase que o disco se chamaría The Fourth Wall.
En maio de 2017, Allen filtrou unha canción do disco chamada "Family Man", a cal fala sobre a ruptura con Sam Cooper.
En xaneiro de 2017, Allen anunciou o lanzamento dun novo disco No Shame.
Discografía
editar- 2006: Alright, Still
- 2009: It's Not Me, It's You
- 2014: Sheezus
- 2018: No Shame