Liga de Campións da UEFA 1992-93
A Liga de Campións da UEFA 1992-93 foi a edición número 38 da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA, e a primeira coa nova denominación de Liga de Campións da UEFA, seguindo o formato inaugurado na anterior tempada. As roldas previas da competición disputáronse entre agosto e novembro. A fase de grupos comezou a finais de novembro e rematou en abril. A final foi o 26 de maio de 1993. Na final enfrontáronse o campión da Ligue 1, o Olympique Marsella, e mailo campión italiano, o AC Milán. Os franceses venceron por 1 gol a 0, acadando a súa primeira Copa de Europa, e ata hoxe, a única que ten gañado un equipo francés.
Tipo | Liga de Campións da UEFA ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | UEFA ![]() |
Número de participantes | 36 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 19 de agosto de 1992 – 26 de maio de 1993 ![]() |
Número de edición | 38 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Olympique de Marsella (1º) ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 82 ![]() |
Goles | 195 ![]() |
Gol | Romário↔ PSV Eindhoven (7) ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… ![]() |
Fase de Grupos
editarTódolos equipos tiveron que pasar polas roldas previas de clasificación para chegar á fase de grupos. Na segunda rolda de clasificación, o campión da Copa de Europa 1991-92, FC Barcelona, que defendía a coroa continental, caeu eliminado fronte ó PFC CSKA Moscova por un marcador global de 4-3 a prol dos rusos. Outro equipo que tamén caeu antes do previsto foi o campión inglés, o Leeds United, que foi eliminado na segunda rolda polo Rangers FC. O propio Leeds United viña de eliminar na primeira rolda ó campión alemán, VfB Stuttgart.
Grupo Aeditar
|
Grupo Beditar
|
Ó remate da fase de grupos clasificáronse para a final os 2 equipos que quedaron en primeira posición nos seus respectivos grupos.
Final
editarCompetición | Liga de Campións da UEFA | ||
Tempada | 1992-93 | ||
Estadio | Olympiastadion (Múnic) | ||
Capacidade | 64.400 | ||
Campión | Olympique Marsella | ||
Finalista | AC Milán | ||
Resultado | 1 - 0 (Boli m.43) | ||
|
A final da Liga de Campións da UEFA na súa edición 1992-93 enfrontou ó campión francés Olimpique Marsella que viña de acadar 5 títulos seguidos na Ligue 1, e ó AC Milán dirixido por Fabio Capello, con estrelas como Paolo Maldini, Marco van Basten, Franco Baresi, Frank Rijkaard etc.
O encontro disputouse no Estadio Olímpico de Múnic, e foi dirixido polo colexiado suízo Kurt Röthlisberger. O resultado final foi de 1-0 a prol do Olympique Marsella, cun gol do xogador de Costa do Marfil Basile Boli no minuto 43.
Este resultado supuxo a primeira vitoria que un equipo francés acadaba na máxima competición continental de fútbol europeo despois de 38 anos, e que ata hoxe segue sendo a única.
Non obstante, esta vitoria tamén supuxo o fin da época mais gloriosa deste club francés, xa que pouco despois foi sancionado, séndolle retirado o título de liga que acadara ese mesmo ano, e sendo descendido de categoría dende a Ligue 1, todo por mor das acusacións de arranxos de encontros.