Liga da Home Rule
A Liga da Home Rule (en inglés Home Rule League; en gaélico irlandés, Léig an Rialtais Dúchais) foi un partido político nacionalista irlandés activo dende 1873 ata 1882, cando foi substituído polo Partido Parlamentario Irlandés.
Liga da Home Rule | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Nacionalismo irlandés |
Data de fundación | 1873 |
Data de disolución | 1882 |
Fundador(es) | Isaac Butt |
País | Irlanda e Reino Unido |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarFundado en 1873 por Isaac Butt centrou a súa actividade en defender a necesidade de dotar a Irlanda dun Estatuto propio, coñecido co nome de Home Rule. William Shaw substituíu a Butt en 1879 como líder do partido e ao ano seguinte asumiu o mando Charles Stewart Parnell, quen fundaría o Partido Parlamentario Irlandés dous anos despois, co obxectivo de modificar certas prácticas obsoletas habituais na Liga.