Liga Xunta de Galicia de Béisbol
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Liga Xunta de Galicia de Béisbol (LXG Senior 1ª División) é o campionato galego de béisbol organizado pola Federación Galega de Béisbol e Sófbol (FEGABE) dende 1990.
Tipo | competición deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | béisbol ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 ![]() |
País | España ![]() |
Vixencia | 1990 – ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Acea_da_Ma_Culleredo.jpg/220px-Acea_da_Ma_Culleredo.jpg)
Historia
editarA Liga Galega de Béisbol pasa por unha mala época. No ano 2004 a liga estaba composta por 9 equipos, no ano 2008 xa competiron só 4 clubs, mentres que no ano 2010 houbo só 3 participantes: CB Cambre, Lume BC e Druidas BC. Nesta derradeira tempada o torneo comezou en maio e rematou en xullo. Disputáronse 6 xornadas (en cada xornada había un único partido e un equipo descansando) e unha final entre os dous mellores equipos. O vencedor da final era o primeiro equipo en gañar dous encontros. Como cada ano, previamente á Liga Galega de Béisbol disputouse a Copa Galega de Béisbol, entre os meses de marzo e abril, na que competiron os mesmos 3 clubs nun formato semellante pero só con 6 xornadas, sen xogarse unha final.
O equipo que gañou os dous torneos foi o Club Béisbol Cambre, por diante do Lume Béisbol Club de Lugo.
Na tempada 2011 competiron na Copa e na Liga 4 equipos, xa que ós Cambre, Lume e Druidas, uniuse o Tigres de Arousa. A Copa foi para Club Béisbol Cambre, mentres que a Liga tivo unha final inédita, na que se enfrontaron Druidas BC e Lume Béisbol Club. A vitoria final foi para os coruñeses de Druidas BC.
Palmarés
editar
| |||||||||||||||
Ano | CAMPIÓN | Subcampión | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1990 | Caribes Coruña | Águilas del Atlántico | |||||||||||||
1991 | Caribes Coruña | Génesis Lugo | |||||||||||||
1992 | Helios Lugo BC | Génesis Lugo | |||||||||||||
1993 | Helios Lugo BC | Druidas BC | |||||||||||||
1994 | Béisbol Coruña | Helios Lugo BC | |||||||||||||
1995 | Vigo Runners | Béisbol Coruña | |||||||||||||
1996 | Helios Lugo BC | Béisbol Coruña | |||||||||||||
1997 | Helios Lugo BC | Tiburones Coruña | |||||||||||||
1998 | Helios Lugo BC | Tiburones Coruña | |||||||||||||
1999 | Béisbol Coruña | Tiburones Coruña | |||||||||||||
2000 | Tiburones Coruña | Béisbol Coruña | |||||||||||||
2001 | Helios Lugo BC | Club Béisbol Cambre | |||||||||||||
2002 | Tiburones Coruña | Caimanes Ourense BBC | |||||||||||||
2003 | Tiburones Coruña | Club Béisbol Cambre | |||||||||||||
2004 | Club Béisbol Cambre | Colexio Karbo | |||||||||||||
2005 | Tiburones Coruña | Caimanes Ourense BBC | |||||||||||||
2006 | Club Béisbol Cambre | Halcones de Vigo BC | |||||||||||||
2007 | Club Béisbol Cambre | Halcones de Vigo BC | |||||||||||||
2008 | Club Béisbol Cambre | Helios Lugo BC | |||||||||||||
2009 | Club Béisbol Cambre | Lume Béisbol Club | |||||||||||||
2010 | Club Béisbol Cambre | Lume Béisbol Club | |||||||||||||
2011 | Druidas BC | Lume Béisbol Club | |||||||||||||
2012 | Druidas BC | Club Béisbol Cambre |