Liga Céltica
A Liga Céltica é unha organización non gobernamental que promove o dereito de autodeterminación e a identidade e cultura celta en Irlanda, Escocia, Gales, a Bretaña, Cornualla e a Illa de Man, as coñecidas como nacións celtas. Tamén fai bastante fincapé na promoción das linguas célticas propias. Está recoñecida polas Nacións Unidas como unha organización non gobernamental con "status consultivo" e é parte do "Consello económico e social".[1]
Liga Céltica An Comann Ceilteach (gaélico escocés) An Conradh Ceilteach (irlandés) Yn Commeeys Celtiagh (manx) Yr Undeb Celtaidd (galés) An Kesunyans Keltek (córnico) Ar C'hevre Keltiek (bretón) | |
---|---|
Organización panceltista | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Rhisiart Tal-e-bot (2006-actulidade) |
Historia | |
Fundación | 1961 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Celtismo, dereito de autodeterminación |
Outros datos | |
Na rede | |
celticleague.net | |
![]() ![]() | |
Cargos na Liga Céltica
editarA nacionalidade está indicada por letras despois dos seus nomes:
- B – Bretón, C – Córnico, I – Irlandés, M – Manx, E – Escocés, G – Galés
Secretarios xerais da Liga Céltica
editar- Alan Heusaff: (1961–84), B→I
- Bernard Moffatt: (1984–88), M
- Davyth Fear: (1988–90), C
- Séamas Ó Coileáin: (1990–91), I
- Bernard Moffat: (1991–2006), M
- Rhisiart Tal-e-bot: (2006 – presente), G→C
Editores de Carn
editar- Frang MacThòmais: (1973–74), E
- Pádraig Ó Snodaigh: (1974–77), I
- Cathal Ó Luain: (1977–81), I
- Pedyr Pryor: (1981–84), C
- Pat Bridson: (1984–presente), M→I
Outros cargos
editarA presidencia e vicepresidencia estiveron vixentes entre 1961 e 1971 e posteriormente foron abolidas. Foron responsabilidade de Gwynfor Evans (G) e de Dr Robert McIntyre (E) respectivamente durante toda a existencia destes postos.
Pádraig Ó Conchúir (I) foi gobernador entre 1972 e 1978.
Notas
editar- ↑ BBC News, ed. (15 de xuño de 2010). "Cornwall's Celtic League branch welcomes UN approval". Consultado o 11 de outubro de 2012.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Ellis, Peter Berresford The Celtic Dawn.
- Tanner, Marcus Last of the Celts.