Leyla Abdullayeva
Leyla Yashar gizi Abdullayeva (azerí: Leyla Yaşar qızı Abdullayeva), nada en Bakú en 1981, é unha diplomática acerbaixana, Xefa do Servizo de Prensa do Ministerio de Asuntos Exteriores da República de Azerbaidján.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (az) Leyla Yaşar qızı Abdullayeva ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1981 ![]() Bakú, Azerbaidján ![]() |
Educación | Universidade Estatal de Bakú ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, diplomática ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLeyla Abdullayeva naceu en 1981 en Bakú. Estudou na Universidade Estatal de Bakú, Facultade de Dereito Internacional e Relacións Internacionais, licenciaturas e mestrías en relacións internacionais.[1]
Desde 2002, Abdullayeva ocupou cargos diplomáticos en varios departamentos do Ministerio de Relacións Exteriores, nas Representacións da República de Azerbaidján ante a OTAN, a Embaixada de Azerbaidján no Reino de Bélxica e a Unión Europea. Anteriormente traballou no Ministerio de Relacións Exteriores como Directora Adxunta da Axencia de Desenvolvemento Internacional de Azerbaidján (AIDA).[2]
O 4 de outubro de 2018, Leyla Abdullayeva foi nomeada Xefa do Servizo de Prensa do Ministerio de Asuntos Exteriores de Azerbaidján e actualmente ocupa este cargo.[2]
Recoñecementos
editar- Medalla "Distinción no servizo diplomático" - 9 de xullo de 2018.[3]
Notas
editar- ↑ "XİN-də yüksək vəzifə verilən xanım kimdir? - Bioqrafiya". 5 de outubro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Leyla Abdullayeva XİN-in mətbuat xidmətinin rəhbəri vəzifəsinə təyin edilib". 4 de outubro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Azərbaycan Respublikasının diplomatik xidmət orqanları əməkdaşlarının təltif edilməsi haqqında Azərbaycan Respublikası Prezidentinin Sərəncamı". 9 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2022. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.