Leticia Santos Paz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Leticia Santos Paz, nada en Moaña o 1 de marzo de 1985, é unha política galega do BNG.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1985 (39 anos) Moaña, España |
Alcaldesa de Moaña | |
2015 – ← José Fervenza Costas | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarViviu en Moaña ata os tres anos, cando se trasladou coa súa familia a Cacheiro (A Canicouva, Pontevedra). Estudou na EEI de Paredes, no CPI do Toural e no CEIP de Reibón, ao regresar en 1992 a Moaña. Despois estudou no IES As Barxas e acadou o grao en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. A seguir, traballou varios anos na empresa privada.
Deporte
editarPracticou taekwondo e, logo de gañar o campionato galego con 16 anos e quedar subcampioa de España, chegou a formar parte do equipo da Universidade de Vigo que se proclamou campión estatal universitario. No 2006 acadou a nivel individual o campionato estatal e participou no Campionato do Mundo Universitario de Valencia, chegando até cuartos de final.
Carreira política
editarEntrou na política da man de Diego Riobó, concelleiro de Cultura en Moaña, quen a animou a ir na candidatura ás eleccións municipais de 2011, no posto número 12. Tras a morte de Diego en setembro de 2011 tivo un maior achegamento á formación política, na que milita desde o 2013. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Moaña,[1] obtendo 6 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio dos 3 concelleiros do PSdeG-PSOE.[2] Nas eleccións de 2023, conseguiu a maioría absoluta.[3]
Notas
editar- ↑ Redacción (27 de xaneiro de 2019). "Leticia Santos: "Atopamos un Concello ao borde da intervención e agora traballamos en grandes proxectos"". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2024.
- ↑ Redacción (14 de xuño de 2015). "Leticia Santos se estrena como la primera alcaldesa en la historia de Moaña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2024.
- ↑ Torres, M. (30 de maio de 2023). "Leticia Santos, tras lograr la mayoría absoluta en Moaña: «Queremos que a veciñanza de Moaña viva sen que lle falte de nada»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2023.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: José Fervenza Costas |
Alcaldesa de Moaña 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |