Lepus timidus
Lepus timidus, coñecida vulgarmente como lebre de montaña ou lebre de Eurasiao, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, encadrada no subxénero Lepus.
Lepus timidus Lebre de montaña, lebre de Eurasia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepus timidus scoticus, en Findhorn Valley, Escocia, coa pelaxe de verán | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Lepus timidus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Distribución da lebre de montaña
| |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
|
Características
editarEn verán, en todas as poboacións de lebres de montaña (ao igual que as outras dúas do subxénero), a pelaxe pasa a presentar distintos tons apardazados. Para prepararse para o inverno moitos individuos cambian a súa pelaxe, que se volve branca (ou maioritariamente branca).
Os máis dos individuos da subespecie Lepus timidus hibernicus (lebre de montaña irlandesa) permanecen con plaxe marrón todo o ano, e raramente a cambian para volvela branca. Esta subespecie tamén pode ter a cola dun ton escuro ou gris, mentres que nas lebres pardas ou lebres comúns europeas (Lepus europaeus), é branca.
A cor da cola combinada co seu gran tamaño (en comparación coa maior parte das outras poboacións de lebres de montaña) e as variedades marrón que pode presentar a versión irlandesa, pode levar a quen as observe a confundir a lebre de montaña coa lebre parda (Lepus europaeus).
Bioloxía
editarHábitat e distribución
editarHábitat
editarÉ unha lebre que se ha adaptou aos ecosistemas polares e montañosos.[2]
Distribución
editarHabita na zona comprendida entre Fenoscandia (termo xeográfico e xeolóxico utilizado para describir o conxunto da península Escandinava, a península de Kola, Carelia e Finlandia),[3] até o leste de Siberia; ademais, existen poboacións illadas nos Alpes, en Irlanda, en Polonia, no Reino Unido e en Hokkaidō. Foi introducida polo home nas illas Shetland e nas Feroe.[4]
Costumes
editarEstudos demostraron que a dieta das lebres de montaña varía segundo a rexión en que habitan, parecen dependeren do hábitat particular en que vive a subespecie analizada. Por exemplo, ao norte de Escandinavia, onde a neve cobre todo o solo durante varios meses, as lebres consomen ramas caídas das árbores. En lugares máis cálidos, como en Irlanda, a herba pode ser un dos principais alimentos. De poder elixir, estas lebres parecen prefrir a herba, principalmente en Escocia e Irlanda.
No norte de Finlandia e de Suecia, esta lebre e a europea compiten polo aproveitamento do hábitat. A europea, por ser máis grande, adoita expulsar á lebre de montaña, pero está menos adaptada aos climas fríos: as súas patas son de menor tamaño, e a pelaxe invernal é unha camuflaxe moi boa nas rexións costeiras de Finlandia onde a neve cobre a costa durante un curto período.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita por Linneo en 1758,[4][5] na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.[4]
Subespecies
editarNa actualidade recoñcense dentro da especie as subespecies seguintes:[4][5]
- Lepus timidus ainu Barrett-Hamilton, 1900
- Lepus timidus begitschevi Koljuschev, 1936
- Lepus timidus gichiganus J. Allen, 1903
- Lepus timidus hibernicus Bell, 1837
- Lepus timidus kamtschaticus Dybowski, 1922
- Lepus timidus kolymensis Ognev, 1923
- Lepus timidus kozhevnikovi Ognev, 1929
- Lepus timidus lugubris Kastschenko, 1899
- Lepus timidus mordeni Goodwin, 1933
- Lepus timidus orii Kuroda, 1928
- Lepus timidus scoticus Hilzheimer, 1906
- Lepus timidus sibiricorum Johanssen, 1923
- Lepus timidus timidus Linnaeus, 1758
- Lepus timidus transbaicalicus Ognev, 1929
- Lepus timidus varronis Miller, 1901
Notas taxonómicas
editarA lebre ártica (Lepus arcticus) adoitaba ser considerada como unha subespecie da lebre de montaña, pero actualmente considéranse como dúas especies separadas. Algúns científicos tamén pensan que a lebre irlandesa (Lepus timidus hibernicus) podería considerarse como outra especie independente.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ Smith, A. T. & Johnston, C. H. (2008): Lepus timidus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 1 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Fauna Ibérica, Mammalia - Lagomorpha". Fauna ibérica. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Fennoscandia". Yourdictionary (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Lepus (Lepus) timidus Linnaeus, 1758 no MSW.
- ↑ 5,0 5,1 Lepus timidus Linnaeus, 1758 no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lepus timidus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lepus timidus |
Bibliografía
editar- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.