Leiognátidos
Os Leiognátidos (Leiognathidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, con algunhas especies de auga doce. Están distribuídos polo oeste do Pacífico e océano Índico, aínda que algunhas especies penetraron no Mediterráneo a través do canal de Suez.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Lespl_u0.gif/300px-Lespl_u0.gif)
Características
editarCorpo oval, alto, fortemente comprimido lateralmente, coa cabeza núa pero provista de cristas óseas na parte superior. Boca moi pequena e moi protráctil.
Unha aleta dorsal continua, con 8-9 espiñas na parte anterior, levantadas e cun mecanismo de bloqueo, seguidas por 15-17 radios brandos na parte posterior; anal con tres espiñas e 13-15 radios brandos. A ámbolos lados das bases das aletas dorsal e anal, unhas pequenas espiñas. Pectorais e pelvianas pequenas e caudal furcada.
Clasificación
editarComprende tres xéneros e máis de corenta especies:
- Xénero Gazza (Rüppell, 1835)
- Xénero Leiognathus (Lacepède, 1802)
- Xénero Secutor (Gistel, 1848)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Leiognátidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Leiognátidos |