Lea Bach
Lea Bach i Baixeras, nada en Torelló, Barcelona, en 1891 e finada en Río de Janeiro (Brasil) en 1988,[1][2] foi unha arpista catalá de renome internacional.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 Torelló, España |
Morte | 6 de outubro de 1988 (96/97 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Actividade | |
Ocupación | instrumentista, profesora de música |
Instrumento | Arpa |
Aos sete anos ingresou no Liceo Filarmónico Dramático de S.M. la Reina Isabel II (futuro Conservatorio do Liceu). Foi unha nena prodixio na interpretación musical coa arpa, xa que obtén o seu título de arpa aos trece anos.[1] Dirixida por Alphonse Hasselmans, continuou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de París para pasar a desenvolver a súa carreira sobre todo no estranxeiro. Participou, xunto con Clotilde Cerdà i Bosch, na fundación das escolas de arpa do Brasil e a Arxentina[Cómpre referencia]. Foi profesora na Escola Nacional de Música de Río de Janeiro.[3]
Casada con Jaume Llovera i Tost, divorciáronse en 1933.[Cómpre referencia]
Bibliografía
editar- Calvo-Manzano, María Rosa (2014). Esmeralda Cervantes y Lea Bach: dos arpistas españolas en la Fundación de las Escuelas de Arpa en Argentina y Brasil. ISBN 978-84-617-0319-7.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Léa Bach Baxeiras". Patrimonio Musical Catalá. Consultado o 2 de xullo de 2022.
- ↑ Martín, Julián Aydillo San (2006-04-26). Pueblos y apellidos de España: Diccionario Etimológico (en castelán). Editorial Club Universitario. ISBN 978-84-8454-486-9.
- ↑ Quirós, Lucas (marzo 2015). "Presentación de dos monografías arpísticas". Ritmo : revista musical ilustrada. marzo (883): 48.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lea Bach |
Ligazóns externas
editar- Programa dos concertos no Palau da Música Catalana en 1920. (en catalán)