León II (emperador)
Caesar Flavius Leo Augustus ou León II (467 - 17 de novembro de 474) foi emperador do Imperio Romano de Oriente desde o 18 de xaneiro ao 17 de novembro de 474.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 467 (Gregoriano) ![]() Imperio Bizantino ![]() |
Morte | 17 de novembro de 474 (Gregoriano) ![]() Constantinopla, Turquía ![]() |
Emperador bizantino | |
18 de xaneiro de 474 – 17 de novembro de 474 ← León I – Zenón → | |
Senador romano | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano, Baixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Familia | House of Leo (en) ![]() ![]() |
Pais | Zenón ![]() ![]() |
Era fillo de Zenón e de Ariadna (a filla de León I e Verina). León II fora nomeado sucesor de León I como parente masculino máis próximo do emperador. Accedeu ao trono cando morreu o seu avó, sendo aínda un neno de sete anos de idade. O seu pai actuou como rexente durante o seu reinado.
Aos 10 meses de iniciarse o seu reinado, León II morreu dunha enfermidade descoñecida e foi sucedido á fronte do Imperio polo seu pai, Zenón.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: León I (emperador) |
León II (emperador) | Precede a: Zenón (emperador) |
dinastía de León |