Lazulita
A lazulita é un mineral do grupo dos fosfatos. É un hidroxifosfato de aluminio, ferro e magnesio. Os seus cristais son dunha cor azul intensa, característica pola que se lle puxo ese nome, que deriva da palabra árabe lazurd, que significa "ceo",[1] e do grego litos, pedra. Sinónimos pouco usados son: berkeyita, gersbyita, mollita, tetragophosphita e voraulita.
Lazulita | |
---|---|
![]() | |
Fórmula química | (Mg,Fe)Al2(OH2(PO)4)2 |
Clase | 8.BB.40 (Strunz) |
Cor | Azul ceo, branco azulado |
Dureza | 5,5 a 6 (escala de Mohs) |
Fractura | Irregular |
Raia | Branca a azul pálida |
Densidade | 3 a 3,1 |
É facilmente recoñecible polo hábito dos seus cristais claramente bipiramidais. Non debe confundirse co silicato lazurita, nin co carbonato azurita, cos que non ten nada que ver, só se parecen os nomes etimoloxicamente por ter os tres cor azul.
Descuberta en 1795 en Salzburgo (Austria).
A lazulita é unha serie de solución sólida, nun extremo estaría a "lazulita pura" rica en magnesio mentres que no outro extremo estaría a escorzalita, rica en ferro.
Ambiente de formación
editarXorde en rochas metamórficas de tipo cuarcita, onde pode aparecer asociado a minerais tales como sillimanita, cuarzo, pirofilita, moscovita, cianita, grupo dos granates, dumortierita ou corindón.
Tamén pode aparecer en rochas ígneas, nos bordos de complexos de granito e pegmatitas, así como en filóns de cuarzo, onde aparece asociada a outros minerais como o rutilo e a andalucita.
Pola súa dureza é tamén común encontrala en depósitos aluviais.
Localización e extracción
editarEncontráronse cristais de até 5 cm de tamaño en Xeorxia (EUA), Suíza, Suecia e Austria. A variedade escorzalita é moi abundante en pegmatitas do Brasil.
Empregouse como pedra preciosa ornamental, aínda que de pouco valor.
Notas
editar- ↑ María Moliner, "Diccionario de uso del español". Ed. Gredos (1992). ISBN 84-249-1344-2
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Datos sobre localización de lazulita
- Sitio web con datos de lazulita
- Galería de minerais con información de lazulita
- Galería de imaxes de lazulita noutros sitios de Internet: [1][2], [3], [4]