Laura Mintegi
Laura Mintegi Lakarra, nada en Lizarra (Navarra) o 26 de outubro de 1955, é unha escritora, profesora e política vasca. No ano 2012 foi candidata a lehendakari pola formación política Euskal Herria Bildu.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (eu) Laura Mintegi Lakarra ![]() 26 de outubro de 1955 ![]() Lizarra, España ![]() |
![]() | |
20 de novembro de 2012 – 31 de agosto de 2014 Circunscrición electoral: Biscaia | |
![]() | |
20 de novembro de 2012 – 31 de agosto de 2014 – Iker Casanova Alonso (en) ![]() Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
![]() ![]() | |
21 de xaneiro de 2012 – xullo de 2014 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do País Vasco ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora universitaria, política ![]() |
Empregador | Universidade do País Vasco ![]() |
Partido político | Herri Batasuna Euskal Herria Bildu ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarAínda que navarra de nacemento, dende nena vive en Biscaia, os primeiros anos en Bilbao e ultimamente en Algorta (Getxo).
É licenciada en Historia e doutora en Psicoloxía. Dende 1981 é profesora do Departamento de Lingua e Didáctica da Literatura da Universidade do País Vasco. Foi directora de Departamento dende o ano 1999 ao 2006 e, de novo, dende o 2010 até hoxe. Ademais é presidenta do PEN Club. Euskaltzaindia (a Academia da Lingua Vasca) nomeouna membro correspondente no ano 2006.
Atinxiu algúns premios literarios entre eles o Azkue de Novela, o da Cidade de Donostia e o Jon Mirande. Así mesmo foi membro do xurado doutros premios como o Certame de Narrativa María Maeztu, da Beka Joseba Jaka, do de Xornalismo Rikardo Arregi, do Anton Abaddia e do de Dereitos Humanos René Cassin. Colaboradora habitual quer nos medios audiovisuais (ETB, Hamaika Telebista, Bizkaia Irratia, Egin Irratia, Bilbo Hiria Irratia e Euskadi Irratia) quer nos escritos (Anaitasuna, Argia, Susa, Ttu-ttuá. Egin, Egunkaria, Gara, Berria, Jakin, Hegats e outros).
Traballos
editarNa base de dados da comunidade científica vasca Inguma, aparecen mais de 40 traballos escritos por Laura Mintegi.[1]
Narración
editar- Ilusioren ordaina ("O prezo da ilusión"), 1983, Erein
Novela
editar- Bai… baina ez ("Si... pero non"), 1986, Susa. Reeditada en Elkarlanean, 1999.
- Legez kanpo ("Fóra da lei"), (1991, Elkar)
- Nerea eta biok ("Nerea e mais eu"), (1994, Txalaparta); traducido ao inglés.
- Sisifo maite minez ("Sísifo namorado"), (2001, Txalaparta); traducido ao castelán e holandés.
- Ecce homo (2006, Txalaparta); traducido ao castelán e alemán, e aparecido en alfabeto braille.
Ensaio
editar- Sujektibitatea euskal nobelagintzan: Stephen Crane-ren "The Red Badge of Courage" (A Subxectividade na novela vasca: "O vermello emblema da coraxe" de Stephen Crane) (1999, EHU - Universidade do País Vasco)
Biografía
editar- Julene Azpeitia (1988, Eusko Jaurlaritza- Goberno Vasco)
Obra traducida
editarNotas
editar- ↑ (en éuscaro) Laura Mintegiren produkzioa Inguma datu-basearen arabera (>40 produktu) Arquivado 11 de abril de 2019 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laura Mintegi |
- Laura Mintegi literaturaren zubitegian (en éuscaro)
- Subjektibitatea nobelagintzan. Stephen Crane-ren "The Red Badge of Courage" Arquivado 09 de decembro de 2012 en Archive.is (en éuscaro)
- Laura Mintegi Basque Literature-n (en éuscaro)