Lasiorhinus latifrons
Lasiorhinus latifrons é unha especie de mamífero marsupial da orde dos diprotodontes, suborde dos vombatiformes e familia dos vombátidos,[1] unha das dúas que integran na actualidade o xénero Lasiorhinus],[2] coñecido na bibliografía internacional como uombat de fociño peludo do sur.
Lasiorhinus latifrons Uombat de fociño peludo do sur Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Lasiorhinus latifrons (Owen, 1845) | |||||||||||||||||||||||
![]() Área de dispersión de Lasiorhinus latifrons
|
Ao contrario que o seu conxénere, Lasiorhinus krefftii, que está ao bordo da extinción, o seu status actual é pouco preocupante.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1845 polo biólogo inglés Richard Owen en Proc. Zool. Soc. Lond., 1845: 82.[1]
Etimoloxía
editarO nome do xénero, Lasiorhinus está formado polos elementos do latín científico lasio-, tirado do grego antigo λάσιος lásios, 'peludo' e -rhinus, derivado do grego antigo ῥίς ῥινός rhís, rhinós, 'nariz'. Literalmente: 'os do nariz peludo'.[3]
En canto ao nome específico, latifrons, está formado polos elementos do latín científico lati-, raíz do adxectivo latino lātus, -a, -um, 'ancho', e o termo latino frons, frontis, 'a fronte'. Literalmente: 'o de fronte ancha'.
Sinónimos
editarSegundo o Mammal Species of the World, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]
- Lasiorhinus lasiorhinus (Gould, 1863)
- Lasiorhinus mcoyi Gray, 1863
Estado de conservación
editarO status do uombat de fociño peludo do sur, que está amplamente distribuído no sur de Australia do Sur, ao oeste do río Murray, e parcialmente distribuído nas penínsulas de Cabo York e de Eyre, e que tamén está presente na chaira de Nullarbor en Australia Occidental, e que ten dúas pequenas colonias en Nova Gales do Sur é cualificado pola UICN como LC (pouco preocupante), debido a que a súa área de dispersión expandiuse nos últimos 45 anos, e aínda que hai gromos esporádicos de sarna sarcóptica, que sofre a competencia dos herbívoros introducidos, é susceptíbel á seca, e a súa poboación está moi fragmentada en partes da súa área de dispersión, a especie ten unha distribución ampla, a súa poboación é grande, encóntrase nun bo número de áreas protexidas, polo que non é probábel que a diminución dos seus efectivos alcance a velocidade necesaria como para cualificala nunha categoría ameazada.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lasiorhinus latifrons no MSW.
- ↑ Lasiorhinus no MSW.
- ↑ Lasiorhinus no Webster's Third New International Dictionary of the English Language. ISBN 978-0-8777-9201-7.
- ↑ Taggart, D. & Robinson, T. (2008): Lasiorhinus latifrons na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 1 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lasiorhinus latifrons |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lasiorhinus latifrons |
Bibliografía
editar- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Lasiorhinus latifrons (Owen, 1845) no ITIS.
- Lasiorhinus latifrons Owen 1845 (southern hairy-nosed wombat) Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Lasiorhinus latifrons na ADW.
- Lasiorhinus latifrons Arquivado 01 de xuño de 2016 en Wayback Machine. na EOL. Con ampla infortmación, imaxes e bibliografía (en inglés).
- Lasiorhinus latifrons en ARKive. Con ampla infortmación, imaxes e bibliografía (en inglés).