Lago Urmia
O lago Urmia (en persa: دریاچه ارومیه; en azerí: Urmiya gölü; en kurdo: Gola Urmiyê, en armenio: Ուրմիա լիճ, Урмия лич или Կապուտան - Капутан, ou lago Azul) é un lago salgado endorreico de Irán,[1][2] situado entre as provincias de Acerbaixán Occidental e Acerbaixán Oriental. Na súa máxima extensión, era o lago máis grande do próximo oriente e o sexto lago salgado máis extenso da Terra, cunha superficie de aproximadamente 5200 km², unha lonxitude de 140 km e un largo de 55 km.[3]
(fa) دریاچه ارومیه ![]() | ||||
Tipo | Lago hipersalino Reserva da biosfera ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Irán ![]() | |||
División administrativa | Azerbaidján Occidental, Irán e Azerbaijão Oriental, Irán (pt) ![]() ![]() | |||
| ||||
Afluentes | Zarrineh River (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Conca hidrográfica | Urmia basin (en) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 1.270 m ![]() | |||
Profundidade | 16 m ![]() | |||
Dimensións | 55 (![]() ![]() | |||
Superficie | 5.200 km² ![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 50.000 km² ![]() | |||
Sitio Ramsar | ||||
Reserva da biosfera ![]() | ||||
Identificador | Entrada: en.unesco.org… ![]() | |||
Medicións | ||||
Salinidade | 85 ‰ ![]() | |||
Volume físico | 45 km³ ![]() | |||
A finais de 2017, o lago reducírase ao 10 % da súa superficie anterior debido á persistente seca en Irán, pero tamén ás represas dos ríos locais que chegan ao lago e ao bombeo das augas subterráneas nas áreas circundantes.[4]
Descrición
editarO lago recibe o nome da cidade de Urmia, nome arameo que quere dicir «cidade da auga». O seu nome en persa era Shishast. A rexión occidental pertenceu ao reino de Armenia e o nome en armenio era Kaputan. No século VIII a rexión en que se atopa foi islamizada e contra 1930 o xa Reza Pahlavi cambioulle o nome a Rezaiyeh (ریاچهٔ رضائیه), mais o nome foi eliminado trala revolución islámica de 1979.
Ten 102 illos que son centros de aves migratorias. Na illa Shahi, a segunda máis grande, sitúase a tumba do khan mongol Hulagu, neto de Xenxis Khan.[6]
O lago perde por evaporación case un metro cada ano. Na auga non hai peixes polo seu alto índice de salinidade; non obstante, o lago Urmia está considerado un dos maiores hábitats naturais de Artemia salina, que serve como fonte de alimentación a numerosas aves migratorias, como os flamengos.
A maior parte do lago é un parque nacional e unha reserva da biosfera da Unesco. O 23 de xuño de 1975, 483 000 hectáreas foron declaradas Sitio Ramsar (n.º ref. 38).[7]
Notas
editar- ↑ Henry, Roger (2003) Synchronized chronology: Rethinking Middle East Antiquity: A Simple Correction to Egyptian Chronology Resolves the Major Problems in Biblical and Greek Archaeology Algora Publishing, Nova York, páx. 138, ISBN 0-87586-191-1
- ↑ E. J. Brill's first encyclopaedia of Islam, 1913–1936, vol. 7, page 1037 citando Estrabón e Ptolomeo.
- ↑ "Britanica". Britannica.com. Consultado o 4 de setembro de 2011.
- ↑ "Saving Iran's great salt lake". Science. 2 de setembro de 2015.
- ↑ Yazdani, Pedram (7 de marzo de 2016). "Cuando el agua desaparece". El País (en castelán).
- ↑ Vázquez, Renata (28 de novembro de 2009). "El lago Urmía agoniza". La Vanguardia (en castelán).
- ↑ "Lake Urmia [or Orumiyeh]". Ramsar Sites Information Service. Consultado o 25 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Urmia |
Ligazóns externas
editar- Iranica Encyclopedia: Eckhart Ehlers, "Lake Urmia", 2013
- Encyclopedia of Earth: C. Michael Hogan, "Lake Urmia", 2011
- Saline Systems; Urmia Salt Lake, IranArquivado 21 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Profile at UNESCO Biosphere Reserve Directory
- Iran's Environmental Ticking Bomb
- Landsat - Drying of Lake Urmia, Iran, Google Earth Engine
- Aerial view of Lake Urmia