Lago Niassa
O lago Niassa (tamén coñecido como lago Malawi ou Nyasa en kiswahili) é un dos Grandes Lagos Africanos e atópase no Val do Rift, entre Malawi, Tanzania e Mozambique. Cunha orientación norte-sur, o lago ten 560 km de longo, 80 km de largura máxima e 700 m de profundidade.
(en) Lake Malawi ![]() | |||||
Tipo | lago ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Parque Nacional do Lago Malawi Grandes Lagos Africanos Lagos do Gran Val do Rift ![]() | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Chintheche (en) ![]() ![]() | ||||
Afluentes | Ruhuhu River (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Efluente do lago | Río Shire ![]() | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do Zambeze (pt) ![]() ![]() | ||||
Características | |||||
Altitude | 474 m ![]() | ||||
Profundidade | 704 m ![]() | ||||
Dimensións | 75 (![]() ![]() | ||||
Perímetro | 1.245 km ![]() | ||||
Atravesa | Malawi, Mozambique e Tanzania ![]() | ||||
Superficie | 29.600 km² ![]() | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 6.593 km² ![]() | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 8.400.000 hm³ ![]() | ||||
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/3e/Lake_Malawi_34.60837E_11.93308S.jpg/245px-Lake_Malawi_34.60837E_11.93308S.jpg)
É o único lago no mundo que conforma unha rexión bioxeográfica específica, con preto de 400 especies endémicas de cíclidos descritas (arredor do 30 % de todos os cíclidos coñecidos no mundo) e probabelmente quedan aínda moitas por descubir. Estímase que ten unha idade de entre un e dous millóns de anos. Posto que se encontra nunha rexión tropical e é moi profundo, o lago está permanentemente estratificado, cun epilimnio máis quente sobre un hipolimnio máis frío. O nivel da auga varía coas estacións do ano e ten aínda un ciclo de longa duración, cos niveis máis altos en anos recentes, desde que existen rexistros.
Na lingua chiNyanja, falada na beira mozambicana do lago, niassa significa lago - tal como o propio nome do pobo que usa aquela lingua, os Nyanja, significa pobo do lago. En chewa, unha das linguas de Malawi, a palabra malawi significa ao nacer do sol, visto que, estando no occidente do lago, é desa forma que os habitantes de Malawi do sur ven nacer o día sobre o lago.
O Parque Nacional do Lago Malawi, no sur de Malawi, que abrangue a extremidade sur do lago, unha ducia de illas, unha rexión de reserva forestal e unha zona acuática até 100 m da costa foi inscrito pola UNESCO en 1984 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.