O lago Baringo é, despois do lago Turkana, o lago máis ao norte do Gran Val do Rift kenyano. Situado a 975 m de altura, cobre unha área de 108 km², vertendo no lago varios ríos: El Molo, Ol Arabel, Perkerra... Non ten saídas, e suponse que as súas augas se filtran a través dos sedimentos das físgoas do leito volcánico do lago. É un dos dous lagos de auga doce do Gran Val do Rift en Kenya, o outro é o Lago Naivasha.[1]

Modelo:Xeografía físicaLago Baringo
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaKenya Editar o valor en Wikidata
División administrativaKenya Editar o valor en Wikidata
Mapa
 0°38′00″N 36°05′00″L / 0.63333333333333, 36.083333333333
Afluentes
Características
Altitude965 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade5 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións13 (ancho) × 21 (lonxitude) km
Superficie168 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica6.820 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Data10 de xaneiro de 2002
Identificador1159

Nas súas ribeiras habitan máis de 470 especies de paxaros, así como tamén aves migratorias, nun territorio no que habitan os pobos camus, rendille, turkana e kalenjin, lonxe dos circuítos turísticos, aínda que é unha zona explorada por antropólogos e arqueólogos, pois posúe diversos sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos do Mioceno e o Plistoceno.[2]

  1. Vexa o apartado "Kenya designates freshwater lake in Great Rift Valley," en Ramsar 2009 - 2002 (en inglés).
  2. e.g. Ward, Steven; Hill, Andrew (1987). "Pliocene Hominid Partial Mandible from Tabarin, Baringo, Kenya". American Journal of Physical Anthropology 72 (1): 21–37.  Resumo Arquivado 16 de abril de 2014 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar