La Unión (As Pontes de García Rodríguez)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Unión.
La Unión foi un periódico que se editou nas Pontes de García Rodríguez entre 1913 e 1915.[1]
La Unión | |
---|---|
![]() ![]() | |
Localidade | As Pontes de García Rodríguez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez, apareceu o 1 de outubro de 1913. Periódico quincenal que se publicaba os días 1 e 15 de cada mes coincidindo coas feiras da vila. Dirixido por Julio Illade Rilo. De liña monárquico conservadora, enfrontouse cos membros da corporación municipal, en especial co alcalde liberal Benito Cabaleiro Piñón e o secretario municipal Andrés F. Corral. Entre os seus colaboradores figuraron José Varela, César Cal, Jesús Cabarcos Cal e Gerardo Fanego, e dende Cuba Francisco Penabad e Daniel Suárez. Imprimíase nos obradoiros de El Correo Gallego de Ferrol. Aínda se publicaba en 1915.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Xosé María López Fernández (12 de marzo de 2007). "La Unión, Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2015.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- López Fernández, Xosé María (2008). "La Unión" (PDF). Hume Historia (Asociación de Estudos Históricos e Sociais "Hume") (1): 75–99. ISSN 1888-6183. OCLC 436448599.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.