La Mercè é unha festa anual da cidade de Barcelona que se celebra o 24 de setembro, festividade da Virxe da Mercé. Dura unha semana e ten lugar en diversos espazos públicos da cidade.[1] Reúne anualmente entre 1,5 e 2 millóns de persoas arredor de diferentes actividades culturais, artísticas e festivas, sendo a festa máis multitudinaria de todas as que se celebran en Barcelona.[2][3] Entre outros actos salientan a mañá da festa, a cabalgata da Mercé, o gran "correfoc", o desfile de xigantes e cabezudos, as xornadas de castells, os bailes e actuacións de toda Cataluña, etc. Hai unha forte presenza de todo tipo de desfiles, uns dos actos tradicionais máis antigos da cidade, relacionados coas procesións do Corpus que están documentadas nos séculos XV e XVI.[4]