La Lucha (Ourense)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Lucha.
La Lucha foi un semanario publicado en Ourense entre 1931 e 1932.
La Lucha | |
---|---|
![]() ![]() | |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ourense |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano de la Agrupación Socialista y de la Federación Agraria de la Provincia, apareceu o 21 de agosto de 1931. De tendencia socialista moderada, foi voceiro da Agrupación Socialista. Dirixido por José Marcos Naval e impreso nos obradoiros tipográficos La Popular, ofreceu información e opinión política. Foi contrario aos comunistas, anarcosindicalistas, conservadores e galeguistas. Entre os seus colaboradores estiveron Edmundo Lorenzo Santiago, Alfonso Quintana Pena, Manuel Suárez Castro e Enrique Heraclio Botana, ademais das figuras do socialismo español Julián Besteiro e Manuel Cordero Pérez. Cesou a súa publicación o 2 de abril de 1932.[1]
Notas
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Lucha, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.