Jean de La Fontaine
Jean de La Fontaine, nado en Château-Thierry, na rexión de Aisne, o 8 de xullo de 1621 e finado en París o 13 de abril de 1695. foi un poeta francés. Está enterrado no cemiterio parisiense de Père-Lachaise. O monumento funerario foi clasificado Monument historique por un decreto de novembro de 1983.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1621 Château-Thierry (Reino de Francia) |
Morte | 13 de abril de 1695 (73 anos) París (Reino de Francia) |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 25 (1817–) 48°51′38″N 2°23′42″L / 48.860532, 2.395079 Museum of French Monuments (en) (1792–1817) Cimetière Saint-Joseph de Paris (en) (1695–1792) Saints Innocents Cemetery (en) (1695–1792) La Fontaine's tomb (en) |
3º Cadeira 24 da Academia Francesa (pt) | |
24 de abril de 1684 – 13 de marzo de 1695 ← Jean-Baptiste Colbert – Jules de Clérambault → | |
Datos persoais | |
Educación | colexio de Juilly |
Actividade | |
Campo de traballo | Fiction (en) |
Ocupación | fabulista, escritor de literatura infantil, escritor, avogado, poeta, dramaturgo |
Membro de | Academia Francesa (1684–1695) |
Xénero artístico | Fábula e conto |
Familia | |
Cónxuxe | Marie Héricart |
Pais | Charles de La Fontaine e Françoise Pidoux |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
|
Traxectoria
editarProcedente dunha familia de comerciantes de teas en proceso de ennobrecemento, pasou os seus primeiros anos en Château-Thierry, na mansión que os seus pais compraron en 1617 ao casar. La Fontaine traballou de mestre particular até 1671. O poeta mantivo esa casa até 1676, após ter malgastado a fortuna do seu pai. Catalogada como monumento histórico en 1887, a casa do fabulista alberga agora o museo Jean-de-La-Fontaine.
As súas fábulas foron ilustradas por diferentes personalidades ao longo dos séculos, así Grandville ilústrarías no 1838, no 1867, Gustave Doré; e nos naceres do século XX realizaría o propio Benjamin Rabier.
Os seus contos e novelas están inspirados en Ariosto, Boccaccio, François Rabelais e Margarida de Navarra. Tamén é autor de Contes, que rozaban, ou mesmo transgredían a moral da época, adaptados ao cine por José Bénazéraf. En 1683 converteuse en membro da Academia Francesa.
A súa obra principal publicada foi unha adaptación (1654) de Eunuco, do dramaturgo romano Terence. Porén, a súa fama literaria reside nos seus Contos e historias en verso (1644), que foi incluído pola Igrexa no seu Índice de Libros Prohibidos en 1703 até a súa última edición de 1948.[2][3]
Foi membro dun destacado grupo literario francés que incluía aos dramaturgos Molière e Racine, e ao crítico e poeta Nicolas Boileau-Despréaux.
Obras
editar- Adonis (1658)
- Élégie aux nymphes de Vaux (1661)
- Ode au roi (1663)
- Contes et Nouvelles (1665)
- Fables (1668)
- Amours de Psyché et de Cupidon (1669)
- Recueil de poésies chrétiennes et diverses (1671)
- Poème de la captivité de saint Malc (1673)
- Daphné (1674)
- Nouveaux Contes (1674)
- Astrée (1691)
- Chech
- O lobo e o cordeiro
- Tot (1692)
Notas
editar- ↑ "Cimetière de l'Est dit cimetière du Père Lachaise". www.pop.culture.gouv.fr. Consultado o 2023-04-05.
- ↑ Bujanda, Jesús Martínez de; Richter, Marcella (2002). Index des livres interdits (en francés). Médiaspaul. ISBN 978-2-600-00818-1.
- ↑ "Index Librorum Prohibitorum, 1949". web.archive.org. 2007-02-03. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2007. Consultado o 2023-04-05.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Jean de La Fontaine |