La Estrada
La Estrada foi un periódico publicado na Estrada entre 1921 e 1932.
La Estrada | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1921 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | A Estrada |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarSubtitulado Órgano defensor de los intereses de la comarca, apareceu o 6 de agosto de 1921. Fundado e dirixido por Manuel Brea Abades. Imprimíase na imprenta Postal-Hita de Manuel Castro.[1] Cesou a súa publicación ao pouco tempo. Tivo unha segunda época a partir de marzo de 1932.[2] De tendencia galeguista e redactado en castelán, o 25 de xullo de 1932 apareceu un número extraordinario integramente en galego.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Estrada, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 602. ISBN 84-7492-489-8.