La Cuadra Centauro
O La Cuadra Centauro foi o único automóbil de turismo con motor de explosión producido polo fabricante La Cuadra de Barcelona (o primeiro fabricante de automóbiles da Península Ibérica).
La Cuadra Centauro | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Automóbil de turismo |
Fabricante | La Cuadra |
País | ![]() |
Período | ╴1901 |
Deseño | Marc Birkigt (motor) |
Montaxe | Barcelona, Cataluña |
Configuración | |
Carrozaría | Faetón |
Configuración | Motor dianteiro / tracción traseira |
Tren motriz | |
Motor | Bicilíndrico, entre 905 e 1106 cm³ |
Potencia | Entre 4,5 e 7,5 HP |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d2/La_Cuadra_Centauro_02.jpg/220px-La_Cuadra_Centauro_02.jpg)
Foi fabricado entre 1900 e 1901; a empresa desenvolveuno despois de varios fracasos con automóbiles eléctricos. Foron producidas dúas versións do Centauro: unha con 4,5 HP e outra con 7,5 HP. Os seus motores foron deseñados polo enxeñeiro suízo Marc Birkigt.[1]
Chasis e carrozaría
editarO Centauro estaba dispoñíbel con dúas carrozarías faetón; unha era bipraza sen portas e a outra era de catro prazas sen portas dianteiras e con dúas portas traseiras.
O chasis era de forma rectangular, con 2.100 mm de longo e 720 mm de largo, fabricado con ferro angular de 40 mm, que ademais estaba reforzado con madeira.[1]
Mecánica
editarMotores
editarOs motores do La Cuadra Centauro eran de 2 cilindros, refrixerados por auga, con bomba e radiador de serpentín.[1] O motor instalouse na parte dianteira do chasis e proporcionaba tracción ao eixo traseiro mediante unha cadea única, con diferencial.[1]
O motor bicilíndrico do Centauro 4,5 HP tiña un diámetro de 80 mm e unha carreira de 90 mm. Tiña unha cilindrada de 905 cm³ e a potencia que desenvolvía era de 4,5 HP (5 CV).
O motor do Centauro 7,5 HP tiña 80 mm de diámetro e 110 mm de carreira. A súa cilindrada era de 1106 cm³, e desenvolvía unha potencia algo superior á da versión anterior; 7,5 HP (8 CV).
Caixa de cambios
editarA caixa de cambios do Centauro tiña tres marchas cara a adiante (co mando debaixo do volante) e marcha atrás (esta última accionábase cunha panca instalada no chan), e o embrague tiña un cono de fricción.[1]
Suspensión e freos
editarO Centauro tiña unha suspensión con catro béstas semielípticas lonxitudinais, dúas en cada eixo. Os freos eran de tambor, sobre o eixo da transmisión.[1]
Produción e vendas
editarAs cifras de produción foron moi baixas; La Cuadra planeara producir seis unidades do Centauro, mais non se sabe exactamente cantas foron fabricadas.[1]
Un Centauro con motor de 4,5 HP foi vendido ao empresario catalán Francisco Seix (un dos fundadores de Hispano-Suiza),[2] e outro coche foi vendido a Juan Pellisó e foi o primeiro vehículo que se matriculou na provincia de Lleida.[1]
Só se conservou un automóbil co motor de 7,5 HP, que foi matriculado na provincia de Soria coa matrícula española SO-2. O primeiro propietario foi Javier Olozábal Ramey.[1] Miguel Mateu descubriu o vehículo a finais dos anos 1920 e comprouno. Segue sendo propiedade da familia Mateu,[3] e participou no Rally de Sitges de automóbiles antigos.
Referencias
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Historia de La Cuadraen Vehículoclasico.es. Arquivado 08 de xuño de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 17-7-2023.
- ↑ Emilio Polo: La Hispano-Suiza. The origins of a legend. 1899–1915 (en inglés), p. 428–445. Wings & Flags, Madrid (1994). ISBN 84-920031-1-1.
- ↑ Emilio Polo: La Hispano-Suiza. The origins of a legend. 1899–1915 (en inglés), p. 50–59. Wings & Flags, Madrid (1994). ISBN 84-920031-1-1.