O Club Baloncesto La Casera foi fundado en 1972 por Juan Antonio Quiñoá co apoio da compañía de gasosa homónima. Antes da existencia do club en Lugo existiron equipos como o C.B. Celeste, aínda que o máis destacado era o Club Baloncesto Breogán, que naquela altura competía na máxima categoría do baloncesto español, a Primeira División. O La Casera comezou a súa historia competindo na temporada 1972−73 Terceira División, onde na súa primeira temporada consegue acabar en primeiro lugar do Grupo A con 21 vitorias, 1 empate e 2 derrotas, quedando por riba de equipos como o Obradoiro CAB, o Club Bosco e o OAR Ferrol.[2] Na fase de ascenso á Segunda división o La Casera volveu ficar primeiro con 4 vitorias e 1 empate, nun grupo formado polo CB Bidasoa, o Empresa MT, o CA Baloncesto, o H. Trabajo e o Juventud OJE. Así o club lucense lograría o ascenso á segunda categoría estatal, a Segunda Dvisión.
Na tempada 1973−74 da Segunda División o equipo de La Casera, dirixido por Juan Quiñoá, estaba formado por Justo, Prieto, Postius, Bob Fullarton, Bermejo, Seral, Pancho Figueroa, Alfredo Domínguez, Miguel BVourio, Pepe Conde e Pirulo. Con este equipo o club finaliza a temporada en terceiro lugar, tan só por detrás do Club Águilas de Bilbao, que conseguiría o ascenso, e o Castilla Gamo de Valladolid. Na seguinte temporada, co descenso do Breogán á Segunda Dvisión, ía haber un derby local lucense co obxectivo de ascender á máxima categoría.
Na temporada 1974−75 o club La Casera, adestrado por Manuel Jato, contaba no seu elenco con Prieto, J.M. Pérez, Bob Fullarton, Elies, Cifré, Seral, Trigo, Pons, Conde, Suso Fernández e Tito Díaz. Os enfrontamentos entre ambos clubs saldáronse todos con vitoria do Breogán, que conseguiría regresar tan só un ano despois á máxima categoría. Os enfrontamentos entre ambos equipos foron os seguintes, sendo os dous primeiros de liga regular e o terceiro da fase de ascenso:[3]
Finalmente o La Casera quedaría clasficiado en segundo lugar con 21 vitorias e 7 derrotas, tan só por detrás do Breogán e por diante de equipos como o CB Valladolid ou o Obradoiro CAB. Após a finalización da temporada o La Casera disolveuse a algúns dos seus xogadores pasaron formar parte do proxecto de retorno do Breogán á elite.