Kymis B.C.
O Gymnastikos Syllogos Kymis (en grego: Γυμναστικός Σύλλογος Κύμης), coñecido en inglés como Kymis B.C., é un equipo profesional de baloncesto grego da localidade de Kymi, na illa de Eubea. Fundado no ano 2010, o club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O emblema do equipo é a deusa grega Atenea.
Kymis | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Gymnastikos Syllogos Kymis |
Liga | A1 Ethniki |
Fundación | 2010 |
Cores | Azul, branco, amarelo |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Pavillón Nikos Marinos |
Capacidade | 1.100 |
Campionatos | |
A2 Ethniki | 1 (2016) |
gskimis.gr |
Historia
editarO Gymnastikos Syllogos Kymis foi fundado en 1893, estando considerado como o máis antigo club deportivo de Grecia. Aínda que a actividade da primeira sociedade ximnástica de Kymi non perdurou moito no tempo (1893-1907). No ano 2010, un grupo de propietarios de Kymi refundaron o club, buscando que fose unha continuación do antigo equipo, mantendo o emblema orixinal no que aparecía a deusa Atenea.[1] Comezou en categorías rexionales, mais tardou pouco en asentarse no baloncesto nacional, e desde 2013 comeza a ascender ano tras ano de categoría, chegando no ano 2016 até conseguir o primeiro posto na liga regular da A2 Ethniki, o que lle deu o ascenso á máxima categoría do baloncesto heleno, a A1 Ethniki.[2]
Palmarés
editar- Segunda División de Grecia
- Campión (1): 2016
Notas
editar- ↑ "Γ.Σ. ΚΥΜΗΣ - Ιστορία του Συλλόγου". gskimis.gr (en grego). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 06 de maio de 2018.
- ↑ "A2. Season 2015-2016". eurobasket.com (en inglés).