Kurt Tucholsky
Kurt Tucholsky, nado o 9 de xaneiro de 1890 en Berlín e finado o 21 de decembro de 1935 en Gotemburgo, foi un xornalista e literato alemán. Escribiu tamén cos pseudonimos Kaspar Hauser, Peter Panter, Theobald Tiger e Ignaz Wrobel.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1890 ![]() Berlín, Alemaña ![]() |
Morte | 21 de decembro de 1935 ![]() Gotemburgo, Suecia ![]() |
Causa da morte | suicidio, sobredose ![]() |
Lugar de sepultura | Mariefred cemetery (en) ![]() ![]() |
Residencia | Szczecin Hindås (en) ![]() ![]() |
Grupo étnico | Pobo xudeu ![]() |
Educación | Universidade de Xenebra Universidade de Jena Universidade Humboldt de Berlín Französisches Gymnasium Berlin (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Jena Berlín París ![]() |
Ocupación | xornalista, escritor, xurista, dramaturgo, poeta, poeta avogado, escritor satírico, prosista ![]() |
Empregador | Die Weltbühne (pt) ![]() Vossische Zeitung (pt) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña ![]() |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Kaspar Hauser Paulus Bünzly Hugo Grotius Theobald Körner Ignaz Wrobel Peter Panter Theobald Tiger Old Shatterhand ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Gerold-Tucholsky (1924–1933) Else Weil (1920–1924) ![]() |
Parella | Lisa Matthias ![]() |
Irmáns | Fritz Tucholsky ![]() |
Cronoloxía | |
marzo de 1933-outubro de 1933 | queima de libros na Alemaña nazi ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тухольский Курт) Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarTucholsky foi un dos xornalistas máis influentes durante a república de Weimar. O seu compromiso político e o seu papel como editor da revista Die Weltbühne, fixeron del un crítico da sociedade na tradición de Heinrich Heine. Destacou tamén como satírico, escritor de cancións e temas de cabaré, novelista e poeta. Tucholsky definíase como demócrata de esquerdas, pacifista e antimilitarista, e quixo por en garda á sociedade alemá perante as tendencias antidemocráticas e a ameaza do nacionalsocialismo.
Tucholsky foi en vida un autor amplamente lido, podéndose dicir que foi un escritor con moito éxito, mais ao final da súa vida, Tucholsky lamentouse de que a súa obra tivera un “éxito sen consecuencias” (“Erfolg ohne Wirkung”).
Tucholsky abandonou o xudaísmo o 1 de xullo de 1914 e recibiu o bautizo protestante no verán de 1918.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kurt Tucholsky |