Orlets 2
(Redirección desde «Kosmos 2372»)
Orlets 2 ou Yenisey foi un tipo de satélite de recoñecemento fotográfico ruso sucesores dos Orlets 1.[1][2]
Características
editarOs Orlets 2 eran versións melloradas dos Orlets 1. Tamén eran satélites de recoñecemento que usaban unha cámara panorámica e película fotográfica que era devolta á Terra para a súa análise, pero en lugar de oito cápsulas, como os Orlets 1, usaban 22 cápsulas para poder enviar máis material fotográfico. A maior masa dos satélites fixo que tiveran que ser lanzados mediante foguetes Zenit 2. En total lanzáronse dous Orlets 2, un en 1994 e outro en 2000.[1][2]
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Orlets 2-1 (Kosmos 2290) | 18 de xullo de 1989 | Soiuz U | Éxito |
Orlets 2-2 (Kosmos 2372) | 1 de outubro de 1990 | Soiuz U2 | Éxito |