Kimi no Na wa.
Kimi no Na wa. (en xaponés: 君の名は。?) é un filme de animación xaponés de 2016 dirixido e escrito por Makoto Shinkai. Foi producido por Noritaka Kawaguchi e Genki Kawamura, con música composta por Radwimps. Kimi no Na wa. conta a historia dunha moza adolescente do Xapón rural e un rapaz de Toquio que intercambian os seus corpos. Está protagonizado polas voces de Ryunosuke Kamiki, Mone Kamishiraishi, Masami Nagasawa e Etsuko Ichihara. Unha novela homónima escrita por Shinkai foi publicada un mes antes da estrea do filme.
Kimi no Na wa. | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 君の名は。 |
Director | Makoto Shinkai |
Produtor |
|
Guión | Makoto Shinkai |
Intérpretes | |
Música | Radwimps |
Fotografía | Makoto Shinkai |
Montaxe | Makoto Shinkai |
Estudio | CoMix Wave Films |
Distribuidora | Toho (Xapón) |
Estrea | Anime Expo: 3 de xullo de 2016 26 de agosto de 2016 |
Duración | 107 minutos[1] |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación, romance |
Recadación | $358 000 000[2] |
Na rede | |
http://www.kiminona.com/ | |
|
Kimi no Na wa. foi distribuído por Toho. Estreouse na convención Anime Expo 2016 dos Ánxeles o 3 de xullo de 2016, e no Xapón o 26 de agosto de 2016. Recibiu a aclamación da crítica, que alabou a animación e o impacto emocional do filme, e foi un grande éxito comercial, converténdose no cuarto filme con maior recadación na historia do Xapón, o sétimo filme de animación tradicional, e o quinto filme de fala non inglesa con maior internacionalmente, cun total de $355 millóns. Gañou o premio do Festival de Cine de Sitges, o LAFCA e no Festival de Mainichi o premio de mellor filme animado, así como un nomeamento nos Premios da Academia Xaponesa á mellor animación do ano.
Sinopse
editarTaki e Mitsuha, dous adolescentes, descobren un día que mentres dormen os seus corpos se intercambian, e comezan a comunicarse entre eles por medio de notas e cos teléfonos móbiles. Ela é unha estudante dunha pequena vila que renega da vida rural e desexa vivir na cidade; el, un tímido estudante de Toquio cun traballo a tempo parcial nun restaurante italiano. A medida que conseguen superar a sorpresa inicial, créase entre eles unha ligazón que pouco a pouco vai convértendose en algo máis.[3]
Notas
editar- ↑ "Your Name (2016)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 23 de decembro de 2017.
- ↑ "Your Name (2016)". Box Office Mojo. Consultado o 23 de abril de 2017.
- ↑ Armadàs, JR (4 de xaneiro de 2017). "‘Your name’ el film d’animació que ha batut tots els rècords al Japó". El Cinèfil. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de marzo de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Kimi no Na wa. na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)