Kieserita
A kieserita é un mineral do grupo VI (sulfatos), segundo a clasificación de Strunz. É un sulfato hidratado de magnesio. Preséntase en agregados granudos, incoloros e turbios de cor branca ou amarela. O seu nome provén do alemán Dietrich Georg von Kieser.
Kieserita | |
---|---|
Fórmula química | MgSO4·H2O |
Clase | Sulfato |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Incoloro, branco, branco gris, amarelo verde, amarelento |
Brillo | De vítreo a mate |
Dureza | 3,5 (escala de Mohs) |
Raia | Branca |
Densidade | 2,57 g/cm3 |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Epsomita (de composición similar á da kieserita, pero máis hidratada)
- Lista de minerais
Ligazóns externas
editar- Ministerio de Educación e Ciencia - Minerais Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- Webmineral data (en inglés)
- Mindat (en inglés)
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |