Kevin Bua
Kevin Bua Roman, nado o 11 de agosto de 1993 en Xenebra, é un futbolista profesional suízo de ascendencia galega que xoga como centrocampista para o CD Leganés da Liga SmartBank.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1993 ![]() Xenebra, Suíza ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 76 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 33 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Traxectoria
editarÉ fillo dun galego e unha zamorana.[1] Seu pai, Ángel Búa, xogara no filial do Celta de Vigo ata que xunto con seus pais colleu o camiño da emigración cara a Suíza. Alí traballou como condutor de autobuses en Xenebra, onde naceu Kevin.[2]
Comezou a formarse como futbolista dende os 14 anos co Servette FC, Étoile Carouge FC, FC Plan-les-Ouates (onde o adestrador era seu pai), FC Lancy-Sports e co FC Vernier, até que finalmente en 2013 debutou como futbolista profesional co Servette FC na Challenge League, xogando 51 partidos de liga e 4 de copa, cun total de seis goles. Logo de dúas tempadas fichou polo FC Zürich,[3] para xogar na Super Liga suíza, disputando un total de 30 partidos de liga na súa primeira tempada no club. Co descenso do Zürich a final de tempada, o FC Basilea aproveitou a oportunidade de fichar a Kevin Bua. En xaneiro de 2017 anotou o seu primeiro gol co club.
Notas
editar- ↑ CD Leganés (24 de setembro de 2020). Presentación de Kevin Bua co Leganés (Youtube) (en castelán).
- ↑ "Zamora, el Celta y la historia española de Kevin Bua" (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ "Kevin Bua wechselt von Servette zum FCZ" (en alemán). FC Zürich. 26 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016.