KeuPa HT Naiset
O KeuPa HT Naiset ou simplemente KeuPa Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da localidade de Keuruu (Finlandia). O equipo foi fundado en 2023 e na tempada do seu debut conseguiu o ascenso dende a terceira categoría á Naisten Mestis logo de gañar todos os partidos do seu grupo (20) cun rexistro de 215 goles a favor e tan só 20 en contra, e finalizar a liga de promoción na segunda posición por detrás do PaRa (que xa disputara a Mestis esa tempada) cun rexistro de dúas vitorias e unha derrota, e con cinco goles anotados fronte a seis encaixados.
KeuPa HT Naiset | |
---|---|
Fundación | 2023 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Peurungan jäähalli (350 persoas) |
Liga | Naisten Suomi-sarja |
Adestrador | ![]() |
Cores | Vermello, azul, branco e negro |
Na rede | |
https://www.keupa.fi/joukkueet/juniorit/keupa-ht-naiset/ |
Pavillón
editarDurante a súa primeira tempada o KeuPa HT Naiset xogou os seus partidos como local no Peurungan jäähalli de Laukaa, un pavillón cunha pista de 26 x 56 metros e con capacidade para 350 persoas nas súas bancadas.[1]
Personalidades
editarXogadoras
editarCapitás
editarA primeira capitá do equipo foi Iidaliina Janatuinen durante a tempada 2023-24 da Naisten Suomi-sarja.[2]
Nome(s) | Período | – | Iidaliina Janatuinen | 2023- |
---|
Adestradoras
editarNa primeira tempada do equipo Lauri Saari foi o encargado de dirixilo.[3]
Nome(s) | Período |
---|---|
Lauri Saari | 2023- |
Notas
editar- ↑ "Jäähalli" (en finés). Peurungan jäähalli. Consultado o 21 de abril de 2024.
- ↑ "KeuPa HT - Team Captaincy History" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 21 de abril de 2024.
- ↑ "KeuPa HT - Team Staff History" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 21 de abril de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 21 de maio de 2024 en Wayback Machine. (en finés)