Karl Menadier
Karl Menadier, nado o 10 de febreiro de 1889 en Berlín e finado o 9 de decembro en 1914 en Insterburg, na Prusia Oriental (actual Cherniajovsk, en Rusia), foi un numismático alemán especializado na moeda medieval.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1889 Berlín, Alemaña ![]() |
Morte | 9 de decembro de 1914 (25 anos)![]() ![]() |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | ![]() ![]() ![]() |
Q89547790 | Estudos de numismática medieval. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático ![]() |
Influencias | |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial ![]() |
Traxectoria
editarKarl Menadier era fillo do eminente numismático medievalista Julius Menadier (1854-1939), director do Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín, e da súa muller, Ida Menadier, baronesa de Düring (1858-1934).[1]
A súa irmá, Dorothea Menadier, tamén foi unha recoñecida numismática.[3]
Logo de cursar a educación secundaria na súa cidade natal, comezou os seus estudos de Historia na Universidade de Grenoble en 1907. Tras cumprir co seu servizo militar, estudou Filoloxía Clásica na Universidade de Tubinga e na Universidade de Berlín, onde se doutorou o 14 de outubro de 1913 cunha tese dirixida por Otto Hirschfeld e Eduard Meyer, titulada Die Münzen und das Münzwesen bei den Scriptores Historiae Augustae ("As moedas e as cuñaxes de Scriptores Historiae Augustae").[4][5][6]
Simultaneamente aos seus estudos universitarios, encargouse da organización e da catalogación da colección de moedas antigas do gabinete numismático (Münzkabinett) da cidade de Maguncia.[4]
Para os anos 1914 e 1915 concedéuselle unha bolsa de investigación do Instituto Arqueolóxico Alemán para participar no proxecto Griechischen Münzwerk, da Academia de Ciencias de Berlín, para a recollida e a publicación de moedas da Antiga Grecia setentrional. Mais a súa participación no proxecto viuse frustrada polo inicio da primeira guerra mundial.[7]
Karl Menadier participou na contenda mundial como oficial na Prusia Oriental, onde chegou a obter a Cruz de Ferro polos seus méritos na fronte. Faleceu de tifo no hospital de Instarburg en decembro de 1914.[6][7][8]
Recoñecementos
editar- (1914): Cruz de Ferro (23 de outubro).[7]
Publicacións
editar- (1913): Die Münzen und das Münzwesen bei den Scriptores Historiae Augustae. Weidmann. Berlín.
- (1914): "Die Münzen und das Münzwesen bei den Scriptores Historiae Augustae". En Zeitschrift für Numismatik. Nº 31. Páxinas 1-144.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Dr. Karl MENADIER, deutscher Numismatiker". Eine große Familie - Ihr Stammbaum im Internet.
- ↑ Regling, K. (1920).
- ↑ "Dr. phil. Dorothea MENADIER, deutsche Numismatikerin". Eine große Familie - Ihr Stammbaum im Internet.
- ↑ 4,0 4,1 Regling, K. (1920). Páxina 182.
- ↑ Publicada en 1913 e 1914 (véxase Publicacións).
- ↑ 6,0 6,1 "Literarische Anzeigen". En Numismatische Zeitschrift. Nº 49. 1917. Páxina 149.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Regling, K. (1920). Páxina 183.
- ↑ (1920): "Personel". En Schweizerische Numismatische Rundschau. Nº 20. Páxina 157.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Regling, K. (1920). "Karl Menadier". En Zeitschrift für Numismatik. Nº 32. Páxinas 182-183.