Karin Boye

escritora sueca

Karin Boye, nada en Gotemburgo o 26 de outubro de 1900 e finada en Alingsås o 23 de abril de 1941, foi unha escritora sueca.

Modelo:BiografíaKarin Boye

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1900 Editar o valor en Wikidata
Tyska Christinae, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de abril de 1941 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Alingsås, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, sobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaÖstra kyrkogården (en) Traducir, Kvarter: 00E Gravplats: 00289 (1941–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutora, escritora de ciencia ficción, escritora, crítica literaria, poetisa, novelista, crítica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Academia dos Nove (pt) Traducir (1931–1941) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLeif Björk (1929–1933) Editar o valor en Wikidata
ParellaMargot Hanel Editar o valor en Wikidata
PaiFritz Boye Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSwedish Publicist's Association Photo Directory 1936 (en) Traducir
Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webkarinboye.se… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0101987 BNE: XX5206791 Bitraga: 4352 Musicbrainz: 3499f2be-f33d-4902-a934-c35df4a13147 WikiTree: Boye-90 Find a Grave: 8147316 Editar o valor en Wikidata
Estatua de Karin Boye na biblioteca pública de Göteborg, Suecia.

Traxectoria

editar

Naceu en Gotemburgo e con nove anos mudouse coa familia a Estocolmo (en 1909). Estudou na Universidade de Uppsala dende 1921 até 1926. A súa primeira colección de poemas foi Moln. Durante a súa etapa en Uppsala (até 1930), Boye foi membro do grupo socialista Clarté. Entre 1929 e 1934 estivo casada con outro integrante deste club, Leif Björck. En 1932, logo da separación do seu home, mantivo unha relación con Gunnel Bergström, quen deixara o poeta sueco Gunnar Ekelöf por Boye.

En 1931, canda Erik Mesterton e Josef Riwkin, fundou a revista literaria Spektrum; nas súas follas publicaron traducións de obras de T. S. Eliot ou de escritores vinculados ao surrealismo.

Suicidouse en 1941 con somníferos.

A asociación literaria Karin Boye sällskapet foi fundada en 1983 e leva a cabo un labor de difusión da súa obra.

Entre a produción poética da autora, destaca Ja visst gör det ont e I rörelse, ambos os poemas dentro da colección Härdarna (1927), así como För trädets skull (1935). Foi membro da institución literaria sueca Samfundet De Nio dende 1931 até o seu pasamento.

En canto á narrativa, a novela Kris trata a súa propia crise relixiosa e o lesbianismo. En Merit vaknar e För lite explora os papeis masculino e feminino. Kallocaína, novela inspirada no apoxeo do nacionalsocialismo en Alemaña, é un retrato dunha sociedade antiutópica emparentada con Nineteen Eighty-Four de George Orwell e Un feliz mundo novo de Aldous Huxley.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar