Justo Villanueva
Justo Villanueva Gómez, nado en Corcubión o 17 de maio de 1892 e finado en Madrid o 21 de febreiro de 1952,[1] foi un avogado, xurista e político galego.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Justo Villanueva Gómez ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de maio de 1893 ![]() Corcubión, España ![]() |
Morte | 21 de febreiro de 1952 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
11 de marzo de 1936 – 2 de abril de 1936 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
![]() | |
Representa: Partido Republicano Radical 2 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
![]() | |
11 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | avogado, xurista, político, catedrático ![]() |
Traxectoria
editarCatedrático de Dereito político das universidades de La Laguna (1922), Santiago de Compostela, Sevilla e Valladolid.
Foi militante do Partido Republicano Radical, e na súa representación elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Nestas últimas, foi considerado inicialmente como deputado (quedara en noveno lugar, o último da circunscrición en votos), pero a Comisión de Actas anulou a súa elección o 2 de abril ao non computarse como válidos un total de 106.000 votos por diversas irregularidades.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Portugal. Foi depurado e separado da súa cátedra o 24 de setembro de 1937; en 1939 foi sometido ao Xulgado de Responsabilidades Políticas. Foi rehabilitado o 16 de febreiro de 1952.
Vida persoal
editarCasou con María Isidora Lázaro de Diego. Foi tío do tamén político ourensán Ángel Villanueva Cendón.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en ABC, 20-2-1953, p. 39.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Justo Villanueva |