Juste-Aurèle Meissonnier
pintor francés
Juste-Aurèle Meissonier, nado en 1695 e finado en 1750, foi un ourive, escultor, pintor, arquitecto e deseñador de mobles francés.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1695 ![]() Turín, Italia ![]() |
Morte | 31 de xullo de 1750 ![]() París, Francia ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | París ![]() |
Ocupación | arquitecto, decorador (pt) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/90/JAMeissonnierTable.jpg/225px-JAMeissonnierTable.jpg)
Meissonier foi quen realizou a primeira e fundamental contribución á linguaxe artística coñecida como rococó xa que foi el quen propagou o estilo polos seus deseños e obras, caracterizados pola asimetría e o dinamismo das formas, baseadas na ondulación das curvas e contracurvas en tódalas direccións espaciais, a fluidez, a imaxinación e libre inventiva da súa linguaxe coa introdución da forma rochosa mariña e outros elementos mariños.[Cómpre referencia]
Da súa obra só se conservan tres pezas, unha caixiña de ouro e lapislázuli, un candelabro de prata e dúas sopeiras.