Junior Bridgeman
Ulysses Lee "Junior" Bridgeman, nado o 17 de setembro de 1953 en East Chicago, Indiana, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante doce tempadas na NBA. Con 1,96 metros de altura, a súa posición era a de escolta ou aleiro.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1953 ![]() East Chicago, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Washington High School (en) ![]() University of Louisville (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, gastrónomo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1975 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Lakers ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria deportiva
editarUniversidade
editarXogou durante 4 tempadas cos Cardinals da Universidade de Loiusville, cos que fixo 15,5 puntos e 7,5 rebotes por partido.[1]
Profesional
editarFoi elixido na oitava posición do Draft da NBA de 1975 por Los Angeles Lakers, mais foi inmediatamente traspasado a Milwaukee Bucks xunto a Brian Winters a cambio de Kareem Abdul-Jabbar, onde militou durante nove tempadas consecutivas, promediando dobres díxitos en oito das mesmas. A súa mellor tempada foi a 1979-80, cando fixo 17,6 puntos e 3,7 rebotes por partido. En 1984 fichou por Los Angeles Clippers, onde xogou durante dúas tempadas aínda a un bo nivel.
Retirouse no seu equipo de toda a vida, os Bucks, aos 34 anos. Nas súas doce tempadas como profesional tivo unha media de 13,6 puntos e 3,5 rebotes por partido. A súa camiseta co número 2 foi retirada por Milwaukee como homenaxe.
Equipos
editarNotas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en nba.com/historical
- Estatísticas de Junior Bridgeman Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine.