Julio Palacios
Julio Palacios, nado en Paniza (provincia de Zaragoza) o 12 de abril de 1891 e finado en Madrid o 12 de febreiro de 1970, foi un físico aragonés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Julio Palacios Martínez ![]() 12 de abril de 1891 ![]() Paniza, España ![]() |
Morte | 21 de febreiro de 1970 ![]() Madrid, España ![]() |
Presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais | |
1966 – 1970 ← Alfonso Peña Boeuf – Manuel Lora-Tamayo → | |
Vicepresidente Instituto de España | |
1939 – | |
Presidente Real Sociedade Española de Física e Química | |
1927 – 1928 | |
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas | |
1926 – ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Madrid Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Director de tese | Blas Cabrera Felipe e Blas Cabrera Felipe ![]() |
Actividade | |
Ocupación | físico ![]() |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid Universidade Central ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Julio Garrido Mareca (en) ![]() ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Physicists: Biographical Dictionary (en) ![]() ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarTras o seu doutoramento na Universidade de Madrid, Blas Cabrera aconselloulle que ampliase estudos en Leiden (Países Baixos), onde estudou as isotermas a baixa temperatura correspondentes ós gases nobres. Á súa volta, incorporouse no laboratorio do seu mentor con traballo sobre a tensión superficial do mercurio e a corrección correspondente das lecturas barométricas. Asemade, investigou sobre a luminosidade dos raios canais e sobre as substancias para e diamagnéticas.
No 1926 acadou a cátedra de Termoloxía en Madrid. Posteriormente investigou sobre as estruturas cristalinas por difracción de raios X.
O 8 de abril de 1932 ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais cun discurso sobre mecánica cuántica.