Julio Balboa López
Julio Balboa López, nado en Muxía en setembro de 1905 e finado en Santiago de Compostela o 7 de febreiro de 1993,[1] foi un avogado, xuíz e maxistrado galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | setembro de 1905 ![]() Muxía, España ![]() |
Morte | 7 de febreiro de 1993 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xuíz ![]() |
Familia | |
Pai | Francisco Manuel Balboa ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Manuel Balboa Lagoa e de Fe López Avente (curmá de Eduardo Pondal Abente). Membro numerario do Seminario de Estudos Galegos, realizou o seu ingreso o 17 de xaneiro de 1924 co traballo "Muxía e o Santuario da Barca".[2] Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura, en 1927.[3] Accedeu, por oposición, a carreira xudicial en 1931,[4] e foi xuíz de primeira instancia de Aliaga, O Carballiño (1931-1936) e Noia (1936-1947). Ascendeu a maxistrado en 1947 e foi destinado á Audiencia de Pontevedra[5]. Xubilouse como maxistrado da Audiencia Provincial de Donostia.
Vida persoal
editarCasou con Maruja Durán Puertas en 1931,[6] e tivo tres fillos: María de la Concepción, María del Carmen e Julio Balboa Durán.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 8-2-1993, p. 70.
- ↑ El Ideal Gallego, 3-2-1925, p. 4.
- ↑ El Ideal Gallego, 1-10-1927, p. 3.
- ↑ El Ideal Gallego, 17-3-1931, p. 1.
- ↑ La Noche, 24-4-1947, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 8-5-1931, p. 1.