Julio Andrés Pardo Pereira
futbolista español
Julio Andrés Pardo Pereira, nado na Coruña o 12 de marzo de 1952, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1952 ![]() A Coruña, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1972 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNa tempada 1973–74 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda División, participando tan só en 4 partidos, e descendendo a Terceira División ao final do campionato.
Na tempada 1975–76 foi un habitual na defensa coruñesa, xunto con Antonio Benlloch e Manuel Gallego, no retorno á categoría de prata do fútbol español. Ese ano participou en 30 partidos.
Na tempada 1978–79 perdeu notoridade, estando a defensa titular formada por Richard Moar, Ramón Piña, Carlos Ballesta e Gallego. Esa campaña xogou 5 partidos, e na seguinte 9, descendendo a Segunda División B.