Julio Amoedo Chas
árbitro galego de fútbol
Julio Amoedo Chas, nado en Ferrol o 2 de xuño de 1974, é un exárbitro de fútbol galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1974 ![]() Ferrol, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | árbitro de fútbol ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Traxectoria
editarDelineante de profesión, e árbitro afiliado ao Colexio Galego de Árbitros de Fútbol, ten unha ampla traxectoria no fútbol. Despois de arbitrar en Terceira División, dirixiu partidos da Segunda División B entre 1998 e 2002. En 2001 actuou como cuarto árbitro en partidos da Primeira División e no 2002 foi ascendido como árbitro principal á Segunda División. Permaneceu ininterrompidamente na categoría de prata ata 2012, sendo durante os seus últimos anos o árbitro máis veterano da categoría.
Forma parte da dirección da Federación Galega de Fútbol en representación dos árbitros dende 2011.