Jules Gilliéron
Jules Gilliéron, nado en La Neuveville, Suíza, o 21 de decembro de 1854 e finado en Cergnaux o 26 de abril de 1926, foi un dos lingüistas suízos máis prestixiosos de finais do século XIX e comezos do XX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jules Louis Gilliéron ![]() 21 de decembro de 1854 ![]() La Neuveville, Suíza (pt) ![]() ![]() |
Morte | 26 de abril de 1926 ![]() Ligerz, Suíza (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística, dialectoloxía, Filoloxía románica e geolinguística (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | lingüista, catedrático, dialectólogo, romanista ![]() |
Empregador | École pratique des hautes études ![]() |
Interesado en | Geolinguística (pt) ![]() ![]() |
Profesores | Jules Cornu, Gaston Paris, Arsène Darmesteter, Louis Havet (pt) ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Charles Bruneau ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Жильерон Жюль) Georgian Soviet Encyclopedia (en) ![]() ![]() |
![]() |
Ademais da súa importante contribución á dialectoloxía francoprovençal, a súa obra máis saliente, polo talle colosal, foi o Atlas Linguistique de la France, feito coa colaboración de Edmond Edmont, entre 1902 e 1912, que marcou o punto de partida da confección dos atlas lingüísticos posteriores.
Traxectoria
editarJules Gilliéron era fillo de Jean Victor, profesor de francés en Basilea, e de Marie Jeanne Ritter. Estudou na academia de Neuchâtel (onde obtivo a súa "graduación" en 1875). Logo proseguiu estudos na Universidade de Basilea e, entre 1876 e 1880, na Ecole pratique des hautes études (EPHE) e máis na Ecole des chartes (Escola de mapas), ambas as dúas en París. A partir de 1883, e até a súa morte, este lingüista ensinou Dialectoloxía na EPHE. Jules Gilliéron sucedeu a Arsène Darmesteter nesta escola. A partir de entón, a Dialectoloxía vaise xestando como ciencia seria. Dedicouse toda a súa vida á investigación dialectoloxía galorománica, o que fructificaría en diversos estudos a respecto da distribución xeográfica das variedades dialectais. En 1887, cofundou co abade Jean-Pierre Rousselot a Revue des patois gallo-romans, que se publicou até 1893. O punto álxido da súa produción foi a publicación do 'Atlas linguistique de la France. Esta obra monumental realizouse entre 1897 e 1907 e publicouse despois entre 1902 e 1910, mercé ó labor efectuado en cada localidade polo seu colaborador Edmond Edmont.
Obras
editar- Le patois de la commune de Vionnaz (1880)
- Petit atlas du Valais roman (1882)
- Généalogie des mots qui désignent l'abeille (1918)
- Pathologie et thérapeutique verbales (1921)