Jules Bordet
Jules Jean Baptiste Vincent Bordet, nado en Soignies o 13 de xuño de 1870 e finado o 6 de abril de 1961, foi un médico inmunólogo e microbiólogo belga. O xénero de bacterias Bordetella recibe ese nome polo seu.
Traxectoria
editarLicenciouse en Física na Universidade Libre de Bruxelas e empezou a traballar no Instituto Pasteur de París en 1894. En 1899 fundou o Instituto Pasteur en Bruxelas.
No ano 1919 concedéuselle o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo achado da capacidade bactericida do soro do sangue dos mamíferos, acción mediada por dous compoñentes, un termoestable, os anticorpos e outro termolábil, coñecido como complemento, e pola definición da ligazón no complexo antíxeno-anticorpo, a chamada fixación de complemento, para producir inmunidade.
Foi o descubridor do bacilo que produce a tose ferina, o Bordetella pertussis e desenvolveu unha vacina contra a enfermidade.
En 1933 preside o Consello Científico do Instituto Pasteur de París
Honras
editarEn Bruxelas atópase o gran hospital que se chama Jules Bordet.