Juan Yagüe y Blanco, primeiro marqués de San Leonardo de Yagüe, nado en San Leonardo de Yagüe o 19 de novembro de 1891 e finado en Burgos o 21 de outubro de 1952, foi un oficial do exército español durante a guerra civil, un dos máis importantes do bando nacional. Foi coñecido como o "Carnicero de Badajoz"[1][2] por ordenar a morte de miles de persoas, entre elas homes feridos no hospital.

Modelo:BiografíaJuan Yagüe

(1939) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Yagüe Blanco Editar o valor en Wikidata
9 de novembro de 1891 Editar o valor en Wikidata
San Leonardo de Yagüe, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de outubro de 1952 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 22 de outubro de 1952
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Capitán Xeneral da VI Rexión Militar
setembro de 1943 – 21 de outubro de 1952
← Joaquín García PallasarAntonio Alcubilla Pérez →
Ministro do Aire
9 de agosto de 1939 – 27 de xuño de 1940
Comandante en xefe
11 de novembro de 1937 –
Comandante en xefe
29 de xullo de 1936 – 9 de agosto de 1939 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl carnicero de Badajoz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónoficial, político, cabaleiro lexionario Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor en Wikidata
Rama militarArma de infantaría do exército español e Lexión Española Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra do Rif
guerra civil española Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de agosto de 1936Masacre de Badaxoz Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1520477

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Fillo de médico, matriculouse moi novo na Academia de Infantaría de Toledo, onde Francisco Franco era cadete. Os dous homes recibiron encargos ao mesmo tempo e serviron xuntos en África, onde Yagüe resultou ferido en varias ocasións e recibiu varias condecoracións.

Yagüe foi ascendido a tenente coronel en 1932. Xunto con Franco e o xeneral López Ochoa, axudou a reprimir a folga xeral revolucionaria de 1934 en Asturias utilizando regulares e lexionarios marroquís. Foi firme partidario da Falange e amigo íntimo de José Antonio Primo de Rivera.

Guerra civil

editar

Cando Niceto Alcalá-Zamora foi substituído como presidente da República polo esquerdista Manuel Azaña o 10 de maio de 1936, un grupo de oficiais do exército español, entre eles Yagüe, Emilio Mola, Franco, Gonzalo Queipo de Llano e José Sanjurjo, comezaron a conspirar para derrocar o goberno da Fronte Popular elixido democraticamente. O 17/18 de xullo de 1936 provocaron un levantamento militar que precipitou a Guerra civil española.

As forzas de Yagüe subleváronse en Ceuta antes de cruzar o estreito de Xibraltar para enlazar coas forzas nacionalistas en Sevilla, dirixidas por Queipo de Llano. Yagüe avanzou cara ao norte, atacou primeiro Mérida antes de atacar Badaxoz con 3.000 soldados o 14 de agosto de 1936. Produciuse unha dura pelexa na rúa mentres os nacionalistas avanzaban na cidade. As forzas de Yagüe finalmente conseguiron o control de Badaxoz, e ambos os bandos sufriron fortes baixas.

Baixo a dirección de Yagüe, miles de prisioneiros, tanto militares como civís, foron asasinados ou executados en Badaxoz, durante o Masacre de Badaxoz.[3][4][5] Antes de abandonar a cidade, Yagüe foi preguntado polo xornalista estadounidense John T. Whitaker sobre o motivo polo que matou a todas esas persoas (o 10% da poboación da cidade) e este respondeu:[6]

Por supuesto que los matamos. ¿Qué esperaba usted? ¿Que iba a llevar 4000 prisioneros rojos conmigo, teniendo mi columna que avanzar contrarrreloj?¿O iba a soltarlos en la retaguardia y dejar que Badajoz fuera roja otra vez?

Yagüe foi ascendido a coronel e despois avanzou a Madrid, capturando Trujillo, Navalmoral de la Mata e Talavera de la Reina, pero non puido tomar a capital. Participou na ofensiva de Aragón e fíxose co control de Belchite, Caspe e Lleida. Tamén tivo un papel protagonista na vitoria fascista na batalla do Ebro. En maio de 1938, Yagüe foi destituído do seu mando e detido por unhas temerarias declaracións que fixo nun discurso en Burgos, crítico co franquismo. Volveu á fronte en poucas semanas.

 
Monumento a Juan Yagüe en San Leonardo de Yagüe.

Díxose del que era o comandante das forzas españolas máis respectado da Lexión Cóndor nazi.[7] Yagüe adaptaba ás circunstancias os plans de batalla cambiantes, porén os nazis odiaban a Mola polo seu enfoque cauteloso.

Posguerra

editar

Tras o colapso da II República Española en 1939, Yagüe foi ascendido a xeneral de división, nomeado Ministro do Exército do Aire por Franco, tenente xeneral en 1942 e comandante en xefe a título póstumo.

  1. Conde, Jesús (2020-02-08). "Quién era el general Yagüe, el ‘carnicero’ de Badajoz que ha recuperado una calle en Oviedo". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-08-10. 
  2. "Yagüe, “el carnicero de Badajoz”, vuelve a tener calle en Oviedo". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2022-08-10. 
  3. Mario Neves (1986) "La matanza de Badajoz. Crónica de un testigo de uno de los episodios más tragicos de la guerra civil de España". Salamanca, Editora Regional de Extremadura.
  4. Jay Allen (30 de gosto, 1935) "Slaughter of 4000 at Badajoz, City of Horrors", Chicago Tribune.
  5. Robert Payne (1962) The Civil War in Spain, 1936-1939. Nova York, Puttnam.
  6. John T. Whitaker (1943) "We cannot escape history". Nova York, Macmillan.
  7. Beevor, Antony (2001). The Spanish Civil War (en inglés). Penguin Books. ISBN 978-0-14-100148-7. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar