Juan Ramos Camarero
Juan Ramos Camarero, nado en Íllora, Granada en 1944 e finado en Barcelona o 14 de outubro de 2011, foi un político comunista español.
Traxectoria
editarAos 13 anos estableceuse en Cornellá de Llobregat, onde traballou na empresa Siemens. Durante os anos 1960 ingresou en Comisións Obreiras (CCOO) e formou parte dos xurados de empresa no Sindicato Vertical. Tamén militaba no Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC), do que foi membro do comité executivo. Así mesmo foi secretario da Confederación do Metal de CCOO de Cataluña.
Foi elixido deputado ao Congreso pola circunscrición electoral de Barcelona nas eleccións xerais de 1977 e 1979. Dimitiu do seu escano para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980, nas que foi elixido. Membro do chamado sector pro-soviético do PSUC, en decembro de 1981 foi expulsado e en 1982 fundou, con Pere Ardiaca e outros escindidos, o Partido dos Comunistas de Cataluña (PCC).
En 1984, participou co PCC e outros partidos na fundación do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE), do que Ignacio Gallego foi elixido primeiro secretario xeral e Juan Ramos Camarero membro do Comité Central.[1] En 1988 substituíu como secretario xeral ao destituído Gallego e encabezou o sector contrario a continuar en Izquierda Unida, o que motivou a ruptura do PCC co PCPE. En 2002 foi relevado do seu cargo como secretario xeral do PCPE polo sindicalista canario Carmelo Suárez.
Morreu en outubro de 2011 aos 67 anos de idade.
Notas
editar- ↑ "El congreso de los comunistas prosoviéticos eligió por unanimidad a Ignacio Gallego como secretario general". El País (en castelán). 16 de xaneiro de 1984. Consultado o 5 de xuño de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista El País, 14 de abril de 1982
- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 07 de xuño de 2019 en Wayback Machine..