Juan Menéndez Pidal
Juan Menéndez Pidal, nado en Madrid o 31 de maio de 1858 e finado na mesma cidade o 28 de decembro de 1915, foi un historiador, poeta, xornalista e político español.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1861 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 1915 ![]() Madrid, España ![]() |
Gobernador civil da provincia de Burgos | |
Gobernador civil de Guadalaxara | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valladolid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiador, arquiveiro, avogado, xurista, poeta, político ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Nai | Ramona Pidal y Mon ![]() |
Irmáns | Luís Menéndez Pidal Ramón Menéndez Pidal ![]() |
Parentes | Pedro Pidal, curmán entregue Maravillas de Jesús, curmá entregue Alejandro Pidal y Mon, tío Luis Pidal y Mon, tío ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarIrmán de Luís e Ramón Menéndez Pidal. Avogado de carreira, logo de recibir o título de licenciado en Dereito dedicouse ao xornalismo. Dirixiu La Unión Católica, diario de Madrid, foi redactor de El Universo e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Afiliado ao Partido Conservador, nas eleccións de 1891 foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo. Foi gobernador civil de Pontevedra (1899-1901) e Guadalajara (1902). Pertenceu ao Corpo de Bibliotecarios e Arquiveiros. Foi director do Archivo Histórico Nacional de Madrid e director da Revista de Archivos, Bibliotecas, y Museos. Escribiu lendas e biografías históricas, e destacou como poeta lírico. Algúns dos seus poemas fixéronse moi populares en Asturias. A súa obra máis importante foi Dios y César, un estudo desde o punto de vista xurídico da relación entre igrexa e estado. En 1914 foi elixido membro da Real Academia de la Lengua Española ocupando a cadeira coa letra A.
Obras
editar- Colección de viejos romances que cantan los asturianos en la danza prima, 1885.
- Poesías, 1890 e 1895.
- Leyendas del último rey godo, 1906.
- San Pedro de Cardeña, 1907.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rufino Blanco y Sánchez, Elementos de Literatura española... Madrid, 1925, p. 423.
- Cid Martínez, Jesús Antonio (1992). "Ensayo de una bio - bibliografía de Juan Menéndez Pidal: La unión católica y el periodismo ultramontano en la Restauración". Boletín del Real Instituto de Estudios Asturianos (139): 7–44. Consultado o 1 de outubro de 2014.