Juan Manuel Vieites
Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, nado en Vigo o 12 de maio de 1952, é un empresario galego do sector conserveiro. Desde 2022 é o presidente dos empresarios de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1952 ![]() Vigo, España ![]() |
Presidente Confederación de Empresarios de Galicia | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse, e posteriormente doutorouse, en Química pola Universidade de Santiago de Compostela[1].
Como empresario, ocupou cargos de responsabilidade en distintas organizacións do sector da conserva, e especialmente foi o secretario xeral de ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Mariscos) durante tres décadas, desde 1991 ata 2022[2]. Tamén ocupou cargos de relevancia en organizacións centradas na explotación do atún e da sardiña (Organización Interprofesional do Atún - Interatún, Eurothon, Comité Internacional da Sardiña pilchardus).
A partir de 2009 comeza a obter postos de responsabilidade nas organizacións empresariais, primeiro cunha vogalía na xunta directiva da Confederación de Empresarios de Galicia, e dous anos máis tarde como vicepresidente da confederación de empresarios da provincia de Pontevedra. En xaneiro de 2021 foi elixido presidente da Confederación de Empresarios de Galicia[3].
Foi director da revista sectorial Industria conservera.
Notas
editar- ↑ "Currículo de Juan Manuel Vieites" (PDF). Confraría de Celeiro. Consultado o 9/11/2022.
- ↑ Rodríguez Vázquez, Rubén. "Juan Manuel Vieites deja Anfaco tras 30 años como secretario general » Galicia". Economía Digital (en castelán). Consultado o 2022-11-09.
- ↑ "La CEG fía a Juan Manuel Vieites el reto de soldar la fractura y abrir otra etapa". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-01-21. Consultado o 2022-11-09.