Juan Manuel Urgoiti
Juan Manuel Urgoiti López de Ocaña, nado en Madrid o 16 de novembro de 1939, é un empresario e filántropo español residente en Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1939 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario ![]() |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia ![]() |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira empresarial no Banco de Vizcaya en 1962. Medrou nos postos do banco e pasou a finais da década dos setenta a ser director xeral da entidade, despois conselleiro director xeral (1984) e despois conselleiro delegado en 1986. Dous anos despois o Banco de Vizcaya desaparece ao fusionarse co Banco de Bilbao e pasa a ser conselleiro delegado da entidade resultante, o Banco Bilbao Vizcaya.
A comezos da década dos noventa abandona a entidade bancaria vasca e inicia un periplo por cargos de responsabilidade noutras empresas financeiras, como o Ahorrobank, o Banco de Crédito Canario ou o Banco Occidental, así como de firmas do sector farmacéutico, como Laboratorios Delagrange ou Antibióticos SA. Pero tamén neses anos empeza a súa relación con Galicia ao ser nomeado conselleiro independente de Inditex en 1993, posto para o que foi revalidado pola xunta xeral de accionistas da entidade en catro ocasións, a última delas en 2010.
A súa conexión con Galicia continuou nos seguintes anos, pois foi designado presidente do Banco Gallego, vicepresidente da eléctrica Acciona, presidente da Fundación Gaiás-Cidade da Cultura e da Fundación José Antonio de Castro. En 2013 foi designado presidente de Pescanova no marco da forte crise da entidade viguesa[1].
Recoñecementos
editar- Gran Cruz do Mérito Civil
- Comandante da Orde do Imperio Británico.