Juan Ibáñez Pérez
Juan Ibáñez Pérez, nado en Madrid o 11 de agosto de 1980, é un profesional da radio e da televisión, coñecido por ser un dos presentadores do programa de televisión español El Hormiguero. É o irmán máis novo de Pablo Ibáñez Pérez, tamén colaborador co alcume de "El Hombre de Negro".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1980 ![]() Madrid, España ![]() |
Outros nomes | Ajenjo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guionista, actor, actor de dobraxe, locutor, presentador de televisión ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Sony BMG ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria profesional
editarRadio e literatura
editarTraballou entre 2002 e 2007 no programa M80 Radio "No somos nadie" xunto con Pablo Motos. O programa substituíu a franxa horaria deixada polos veteranos Gomaespuma.
É coautor de dous libros de monólogos que teñen o mesmo título e ton que o programa de radio.[1]
Televisión
editarNo 2006, acompañou a Motos no seu salto á televisión no programa El Hormiguero. Alén de ser copresentador e guionista, interpreta a personaxe de Trancas, unha das dúas formigas-mascota do programa, dándolle voz e movemento ós monifates durante o programa, agás nas seccións nas que aparece como si mesmo.[2][3] Xunto co seu compañeiro Damián Mollá forman o dúo Trancas y Barrancas.
Juan tamén participou en varios programas de humor, como guionista en múltiples ocasións en El club de la comedia, ou como convidado puntual en Muchachada Nui ou Palomitas.
Teatro
editarFóra das súas aparicións en televisión, traballa como monologuista en Tres Calaveras Huecas, tendo actuado en salas como o teatro Maravillas e a Sala Galileo Galilei (ámbalas en Madrid) e o Teatro Olympia de Valencia.
Cine
editarNo 2008, formou parte do elenco de O espírito do bosque, filme secuela de O bosque animado. Interpretou o papel de "Ho-ho" coma se fose a personaxe televisiva "Trancas".[4] O filme tivo un éxito discreto, aínda que é a secuela animada española con maior recadación e a máis vista, con 189.877 espectadores e 1 036 528,67 € de recadación.
Música
editarNa súa carreira musical forma parte xunto cos seus compañeiros de No somos nadie / El Hormiguero o grupo musical El hombre linterna, no cal toca o baixo co alcume de "Ajenjo". O grupo fai versións rock de cancións infantís e de debuxos animados. Publicaron un álbum con Sony BMG chamado "Cartoon Rock!!".[5]
Notas
editar- ↑ El Economista: Bibliografía de Juan Ibáñez Pérez
- ↑ FórmulaTV: Juan Ibáñez: "Trancas y Barrancas son lo que son, en Antena 3 o en Cuatro"
- ↑ "Hola.com: (...) el colaborador Juan Ibáñez, que da voz a la hormiga Trancas (...)". Arquivado dende o orixinal o 15-02-2015. Consultado o 15-02-2015.
- ↑ FormulaTV: Trancas y Barrancas, Luis Merlo y María Adánez juntos en el doblaje de "Espíritu del bosque"
- ↑ 20minutos: Entrevista a El hombre linterna
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Juan Ibáñez Pérez na IMDb (en inglés).