Juan Gutiérrez Martínez

futbolista español

Juan Gutiérrez Martínez, nado en Comillas o 28 de xaneiro de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa central no Mirandés, da Segunda División.

Modelo:BiografíaJuan Gutiérrez Martínez
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en Comillas, formouse como futbolista na canteira do Racing de Santander. En agosto de 2017, aínda en idade xuvenil e sen ter nunca xogado co filial, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nunha derrota por 2-1 ante o Leioa.[1] Posteriormente xogou co filial en Terceira División e foi cedido ao CD Ebro e ao Ceuta.[2]

En xullo de 2023, foi subido definitivamente ao primeiro equipo, da Segunda División,[3] pero non contou con oportunidades na primeira metade da campaña. Non debutou ata o 16 de marzo de 2024, entrando como substituto de Juan Carlos Arana na segunda metade dun empate 1-1 ante o Real Oviedo.[4]

O 5 de xullo fichou polo Mirandés, tamén de Segunda.[5]

  1. "Juan Gutiérrez y Víctor Badiola, flamantes debutantes con el primer equipo" (en castelán). 2 de setembro de 2017. Consultado o 24 de decembro de 2024. 
  2. "El canterano Juan Gutiérrez, cedido al Club Deportivo Ebro" (en castelán). 2 de outubro de 2020. Consultado o 24 de decembro de 2024. 
  3. "La complicada temporada de Juan Gutiérrez" (en castelán). 3 de novembro de 2023. Consultado o 24 de decembro de 2024. 
  4. "Un empate que deja a Oviedo y Racing fuera de los 'playoffs'" (en castelán). 16 de marzo de 2024. Consultado o 24 de decembro de 2024. 
  5. "Juan Gutiérrez, nuevo defensa para el Club Deportivo Mirandés" (en castelán). 5 de xullo de 2024. Consultado o 24 de decembro de 2024.